Saltar ao contido

Bandeira da Unión Soviética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Unión Soviética
Bandeira de Unión Soviética
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción12 de novembro de 1923
Cores     Vermello     Ouro

A bandeira da Unión Soviética foi adoptada por primeira vez no decembro de 1922 durante o I Congreso dos Soviets da URSS. Chegouse á conclusión de que "o estandarte do Partido transformouse no símbolo do Estado, e ao redor desa bandeira agrupáronse os pobos das repúblicas soviéticas para unirse nun Estado: a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas". O 30 de decembro do 1922 o Congreso adoptou unha Declaración de Acordo sobre o estabelecemento da URSS. O artigo 22 do Acordo afirmaba que "a URSS ten unha bandeira, un escudo de armas e un selo estatal".

A Constitución soviética de 1924 describía a primeira bandeira, adoptada o 6 de xullo de 1923 na segunda sesión do Comité Executivo Central da URSS (CIK). O artigo 71 dicía: "A bandeira estatal da Unión das RSS consiste nun campo vermello ou escarlata co escudo de armas do Estado". Deseñouse cunha proporción de 1:4, infrecuente en vexiloloxía, e consistía nunha bandeira vermella co escudo de armas da Unión Soviética no centro. Mais, nunca se fixo esta bandeira e foi oficial só durante catro meses. O 12 de novembro do 1923, a terceira sesión do CIK escribiu un novo artigo, e o artigo 71 pasou a dicir: "A bandeira da URSS consiste nun campo vermello ou escarlata, e no canto un fouciño e un martelo dourados, e so eles, unha estrela de cinco puntas bordada noutro. A relación entre o ancho e alto é 1:2". No anverso da nova bandeira había un fondo vermello cun martelo cruzado cun fouciño e unha estrela vermella na parte superior. O martelo simbolizaba os traballadores industriais da nación, mentres que o fouciño representaba os labregos. A estrela simbolizaba ao goberno do Partido Comunista.

O 15 de agosto de 1980 modificábase levemente a bandeira, facendo o reverso vermello sen fouce nin martelo nin ningunha outra inscrición ou ornamento. Tamén se cambiou a cor da bandeira por unha tonalidade máis brillante. Coa desmembración da URSS o 3 de decembro do 1991, a bandeira deixou de ser unha bandeira oficial.

Estandarte da Vitoria

[editar | editar a fonte]
Bandeira da URSS ondeando co vento

O 15 de abril de 1996, Boris Eltsin firmaba un decreto presidencial, facendo elevar a bandeira soviética a un nivel similar á nova bandeira de Rusia, a diferenza desta versión era que só tería a estrela vermella, sen o fouciño e o martelo, e bautizouna como o Estandarte da Vitoria, conmemorando a ocasión na que o Exército Vermello fixeron ondear a bandeira soviética so o Reichstag o 1 de maio de 1945. E nalgunhas datas faise izar o Estandarte da Vitoria xunto a bandeira rusa.

Durante o goberno de Vladimir Putin incluíuse a estrela vermella na bandeira oficial do exército ruso.

No 2007, unha lei federal[1] da Federación Rusa, asinada por Putin, devolvía o fouciño e o martelo ao Estandarte da Vitoria, por ser a simboloxía orixinal da bandeira.

Outras bandeiras soviéticas

[editar | editar a fonte]

Influencia sobre outras bandeiras no mundo

[editar | editar a fonte]

A bandeira da Unión Soviética influenciou na eleccións das bandeiras dos estados socialistas emerxentes posteriormente. Os seguintes son algúns dos exemplos:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]