Saltar ao contido

Azumanga Daioh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Azumanga Daioh
{{{caption}}}
あずまんが大王
(Azumanga Daiō)
Xéneroretallos da vida,comedia
Manga
Creado por Kiyohiko Azuma
Editor ASCII Media Works
Publicado en Dengeki Daioh
Primeira edición Febreiro de 2000
Última edición Xuño de 2002
Núm. de volumes 4
Azumanga Web Daioh

ONA

Anime ''
Dirixido por Nishikiori Hiroshi
Estudio J.C.Staff
Canle televisiva TV Tokyo
Primeira emisión 4 de abril de 2002
Última emisión 30 de setembro de 2002
Núm. de capítulos 26

Azumanga Daioh (あずまんが大王 Azumanga Daiō?) é un manga escrito e ilustrado por Kiyohiko Azuma, o cal foi adaptado como anime no ano 2002. O manga consiste unha serie de historietas yonkoma no Xapón.

O anime foi transmitido en segmentos de cinco minutos todos os días da semana, e como unha compilación de vinte e cinco minutos os fins de semana. Así, existen cento trinta episodios de cinco minutos que tamén se poden ver como vinte e seis episodios de vinte e cinco minutos de duración. Ademais existe un ONA e unha película de cinco minutos de duración.

Orixe do título

[editar | editar a fonte]

Non ten un significado literal, e tampouco intervén na historia da serie. Está composto de tres palabras:

  • Azuma (o apelido do autor do manga, Kiyohiko Azuma),
  • Manga, e
  • Daioh, que era a revista onde se publicaba orixinalmente (Dengeki Daioh).

O título completo sería: "Kiyohiko Azuma's Manga in Daioh" (Manga de Kiyohiko Azuma en Daioh).[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Tanto o manga como o anime seguen o día a día de seis mozas estudantes e dúas profesoras nunha escola secundaria do Xapón.

Nesta serie vemos a obsesión de Sakaki cos gatos da cidade, a loita da nena prodixio Chiyo para conseguir a aceptación dun grupo moito maior en idade que ela, a paciencia de Yomi coa súa —menos lúcida— mellor amiga Tomo, as ideas desatinadas de «Osaka» e a competitividade extrema de Yukari, a súa profesora, en situacións como as vacacións de verán, feiras, probas e festivais atléticos de cada ano escolar. Aínda que se basea principalmente na vida diaria, esta serie contén situacións absurdas con toques de surrealismo, como cando aparecen os soños de ano novo dos personaxes.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Os nomes dos personaxes danse en orde occidental, é dicir, o apelido segue ao nome.

Chiyo Mihama (美浜 ちよ?)
Voz: Tomoko Kaneda
Unha nena prodixio, ao comezo da serie amósase que Chiyo saltou cinco graos para chegar ao décimo (o primeiro ano da secundaria superior xaponesa) e segue sendo a mellor da clase.[2] Aínda que é extremadamente intelixente e responsable para a súa idade (todas as mañás prepara a súa merenda, ou comida e é a encargada de espertar aos seus pais polas mañás), aínda ten a inocencia, os desexos e os medos dunha nena. Pero a pesar de todo, lévase ben cos seus compañeiros de clase, os cales son maiores que ela. Ademais de ser doce, é unha moza extremadamente linda, e sempre é a primeira en tratar de deter as discusións entre as súas amigas. Ademais é moi xenerosa. A súa única debilidade é que é mala nos deportes; ademais de ter 5 anos menos que os seus compañeiros, é pequena incluso tendo en conta a súa idade, e os seus intentos no campo de deportes son tanto tráxicos como graciosos.[3]
Os seus pais son adiñeirados, pero nunca aparecen na historia (aínda que a estraña especie de gato amarelo que aparece na serie di ser o seu pai nos soños de Sakaki e Osaka).
Cando entra por primeira vez en sencundaria, Chiyo ten 10 anos. Chiyo é o único personaxe cuxa idade se di explicitamente e as súas festas de aniversario son un evento anual festexado polas mozas. As mozas coas que ela é máis amiga son Osaka quen é case como unha persoa da súa idade e Sakaki quen a ve como unha sorte de irmá máis nova. (Mentres que Sakaki cobiza a baixa estatura e dozura de Chiyo, Chiyo anhela a altura e a imponencia de Sakaki) As súas coletas a miúdo son obxecto das fantasías de Osaka.[4]
Tomo Takino (滝野 智?)
Voz: Chieko Higuchi
Tomo é extremadamente enérxica e competitiva, aínda que preguiceira á vez. Tende a irritar a todos ao seu ao redor, especialmente a Yomi, a súa compañeira desde a primaria. É unha líder dos Bunklers (ボンクラーズ Bonkurāzu?, os parvos da clase) xunto a Osaka e a Kagura, aínda que é capaz nos seus estudos se o tenta. Segundo se sabe, Tomo foi capaz de pasar o exame para ser admitida na prestixiosa escola de secundaria á que vai cando Yomi a provocou para que estudase. O feito de que só o fixo para irritar a Yomi di moito da personalidade de Tomo. Máis aínda: parece que Tomo gasta a maior parte da súa enerxía en irritar a outros. É travesa de forma enredadora, aínda que cun pouco de maldade irresponsable, burlándose constantemente do resto das mozas; en especial de Chiyo, por ser a máis pequena. Basicamente Tomo expresa o seu afecto cara aos seus amigos a través da burla.
Tomo tamén é unha egocéntrica que sempre insiste en competir coas outras mozas que destacan nalgunha faceta, perdendo e alegando escusas parvas para ver o resultado mellor do que é. Entre outras cousas, desafiou a Sakaki a unha carreira (a cal Sakaki gaña con facilidade) alegado que non perdeu senón que chegou segunda; ademais espera que a elixan como alumna que dá o discurso de despedida ao final do curso aínda que sempre saque malas notas. No manga, cando Chiyo anuncia que vai cumprir 12 no seu próximo aniversario, Tomo di que ela (autonomeándose) xa ten 17 coma se fose todo un logro. A súa personalidade é moi similar á da súa profesora Yukari Tanizaki.
Koyomi "Yomi" Mizuhara (水原 "よみ" 暦?)
Voz: Rie Tanaka
Amiga de primaria e antagonista de Tomo. Yomi compórtase como a máis madura e ás veces amargada do grupo, a súa estabilidade úsase a miúdo como un contrapunto humorístico da torpeza dos outros personaxes. Case sempre está a mirar o seu peso, aínda que a súa aparencia é a dunha moza en forma e sa. Tamén é unha cantante horrible.[5] É tanto intelixente como deportiva: as súas notas só son superadas polas de Chiyo-chan e aínda que non é como Sakaki ou Kagura no deportivo, faise valer. É unha moza que sempre se mostra intelixente, aínda que apenas puido pasar os exames para ingresar á universidade. Só puido logralo ao terceiro intento, lamentablemente con Osaka, Kagura e Tomo.[6]
Sakaki (?)
Voz: Yuu Asakawa
Alta, de voz doce, Sakaki non se sente cómoda nin coa súa aparencia de moza forte nin co seu físico voluptuoso. Desde pequena cohibiuse por ser máis desenvolvida e forte que o resto, convencéndose que non posuía características tenras, converténdose isto nunha obsesión que a leva a buscar isto noutras cousas. Como é moi tímida, non fala moito, e a súa reticencia enténdese como a de alguén forte ou misterioso. Entre as súas metas están as de ser veterinaria, florista ou atender un posto de xoguetes, ademais de ter unha mascota, cousa que xamais puido facer xa que a súa nai é alérxica aos animais. Despois dun soño que tivo con Chiyo, ela tende a dicir que o "gato amarelo" é realmente o pai de Chiyo.[7] Sakaki preferiría acariñar un gatiño antes que ser misteriosa. É naturalmente atlética, aínda que non lle interesen demasiado os deportes. En cambio, a súa paixón é a de todas as cousas tenras (cousa pola cal se ruboriza facilmente), especialmente animais de peluche, Chiyo, Tadakichi e os gatos. Desafortunadamente, os gatos ódiana por algunha razón descoñecida e é normal que a ataquen sen provocación; en particular, un gato gris coñecido como Kamineko.[8]
Ayumu "Osaka" Kasuga (春日 "大阪" 歩?)
Voz: Yuki Matsuoka
Ayumu é unha estudante de intercambio de Osaka.[9] Tomo, esperando que ela actúe como o estereotipo de alguén de Osaka — acelerado, que berra moito, exuberante e gustoso dos chistes —, rapidamente dálle o alcume de «Osaka», aínda que o comportamento de Ayumu difire moitísimo do de alguén desa cidade, xa que ela é lenta e reflexiva ata de gozar mirando lixos de po no aire. Ayumu considera o seu alcume «demasiado simple» e «sen gusto» pero fáltalle enerxía ou motivación como para discutilo. O seu alcume quédalle tan ben que enseguida é coñecida como «Osaka» polos seus profesores e mesmo na lista de alumnos. Un tempo despois, ninguén lembra o seu verdadeiro nome.
É lenta, pouco atenta, e queda absorta no seu propio mundo. Posúe unha mente que funciona con bastante diferenza á da maioría das persoas. Isto fai que soñe esperta, que estea coa mente perdida, e que diga unha incoherencia tras outra, pero tamén a fai infrecuentemente boa para responder preguntas de pensamento paralelo. Está moi apegada a Chiyo, xa que aínda que intelectualmente son moi diferentes, ambas son malas en Educación Física e ambas parecen encarar o mundo co mesmo toque de curiosidade e asombro infantil (aínda que Chiyo xeralmente manéxase polo sentido común e a información, Osaka non).[3]
Osaka é a máis intelixente do grupo das "Bunklers" pois das 3 que o compoñen ela saca as mellores notas. Unha das súas fantasías máis prezadas é poder voar cos moños de Chiyo-Chan.[4] A diferenza da maioría das súas compañeiras, Osaka sempre está dun humor tranquilo e accesible. É extremadamente raro vela en estado de ira ou perdendo o control.
Kagura (神楽?)
Voz: Houko Kuwashima
Aparece unha vez avanzada a serie, incorporándose á clase de Yukari no segundo ano (Yukari elíxea como o seu "número 10" para gañar as competicións atléticas do colexio), orixinalmente estaba na clase de Nyamo e foi a rival de Sakaki no festival deportivo. Dedica a maior parte do seu tempo ao equipo de natación, pero é unha moi boa deportista en xeral. Ten unha especie de rivalidade/amizade unilateral con Sakaki, e é similar a Tomo ao ser pura enerxía e ao ter falta de interese no estudo, aínda que é menos propensa a ter reaccións impulsivas. Ao contrario que Tomo, Kagura ten boas intencións e está disposta a axudar ás súas amigas. Do mesmo xeito que Sakaki, ás veces avergóñase cando Tomo chama a atención sobre os seus grandes peitos. Ela é a terceira e poderíase dicir a líder do grupo das "Bunklers" pois é a que saca as peores cualificacións. Aínda que quere axudar ás súas amigas non sempre o logra. A pesar de todo Kagura axuda moito e é moi sensible, pois ao cometer un erro grave pode chegar a chorar xa que está convencida de ser inepta por natureza, a diferenza de Tomo que nunca lle importa o que fai.
Yukari Tanizaki (谷崎 ゆかり?)
Voz: Akiko Hiramatsu
É profesora de inglés e a titora do curso das mozas, unha profesora con métodos moi pouco convencionais e unha relación bastante próxima coa clase. Os seus estudantes son o suficientemente informais como para chamala Yukari-sensei. Dependendo do día, a hora e o seu humor, pode ser unha tirana do peor ou unha das máis doces e cariñosas. O seu comportamento oscila entre molestar a Chiyo sen compaixón e pegarlle aos estudantes con obxectos contundentes, até falarlles xentil e amablemente aos alumnos ou escribirlles simples e motivadoras notas nas probas dos alumnos dicíndolles que ela cre neles. A miúdo é egoísta, irresponsable, mesquiña, e sen ningún tipo de enganos espera que a súa amiga e colega, Minamo, non só tolere isto, senón que tamén o faga. Ponse celosa cando Nyamo recibe mellores agasallos de aniversarios por parte dos seus estudantes, e até lles dá aos seus estudantes horas de estudo para poder desfacerse deles e ir á piscina do colexio. Tamén é unha fanática dos videoxogos.
A habilidade para conducir de Yukari é desastrosa, sen ningún tipo de preocupación pola rúa, a xente, outros vehículos, os carteis ou os límites de velocidade. A súa irresponsable forma de conducir impactou tanto na psique de Chiyo que lle xerou un trauma e até fixo que Sakaki perdera por un instante a súa compostura.
O seu nome vén da palabra xaponesa ukkari, que significa "sen coidado".
Minamo "Nyamo" Kurosawa (黒沢 "にゃも" みなも?)
Voz: Aya Hisakawa
É profesora de ximnasia. No primeiro ano de secundaria das mozas, é a titora do curso da clase 5. Durante os dous últimos anos, é a titora da clase 2. Unha vella amiga de secundaria e rival de Yukari, teñen unha xuvenil, aínda que estraña relación entre elas; Yukari desapiadadamente vive á conta de Nyamo, pero Nyamo tamén se mete con ela. «Nyamo» é un alcume creado nos seus días como estudante, pero Yukari chámaa así, e tamén o fai Tomo. Os demais estudantes chámana Kurosawa-sensei.
Popular cos estudantes, Nyamo é máis linda, menos molesta, e moito máis controlada que Yukari. A súa debilidade son as relacións románticas pasadas coas que Yukari lle fai bromas. Durante unha das viaxes de verán que as mozas realizan xuntas, Nyamo ponse moi ebria e cóntalles ás mozas todo acerca das relacións entre mozos e mozas, o que fai que Sakaki se avergoñe e Chiyo se confunda, pero que as outras mozas se impresionen da súa experiencia no tema.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

Realizado por Kiyohiko Azuma, orixinalmente publicado na revista mensual Dengeki Daioh, en estilo Yonkoma na súa gran maioría. Os capítulos están divididos por meses, empezando por abril do primeiro ano (a primeira tira titúlase ""Yukari-sensei" (ゆかり先生?)", e rematando coa súa gradación.[10][11] Consta de 4 volumes, publicados entre o ano 2000 e 2002. A seguinte táboa mostra os tankobon nomeados:

Volume ISBN Data de publicación no Xapón[12][13]
01 ISBN 4-8402-1467-0 25 de febreiro de 2000
02 ISBN 4-8402-1691-6 15 de novembro de 2000
03 ISBN 4-8402-1943-5 25 de setembro de 2001
04 ISBN 4-8402-2128-6 25 de xuño de 2002

Realizado polos estudos J.C.Staff e dirixido por Hiroshi Nishikiori, estreouse o 8 de abril de 2002 por TV Tokyo, finalizando o 30 de setembro dese mesmo ano. Foi transmitido en segmentos de cinco minutos todos os días da semana, e as fins de semana realizábase unha compilación de cinco episodios.

Foi licenciada en varios países, entre eles Corea do Sur (Tooniverse), a China (China Television), os Estados Unidos (Anime Network) e o Reino Unido (Propeller TV).

Produciuse, á súa vez, un ONA de 4 minutos, tamén no 2002 e a cargo do mesmo director do anime. Neste ONA, Chiyo leva unha cámara á escola para un proxecto na clase, pero producirase un gran problema cando esa cámara caia en mans de Tomo.[14]

Antes da estrea da serie, creouse unha pequena curta, chamada "Azumanga Daioh" (Película moi curta) (あずまんが大王(劇場短編) Azumanga Daiō (Gekijō Tanpen)?), proxectándose nos cines xaponeses en 2001 para promover a futura serie. Nesta película que amosa aos personaxes de Azumanga Daioh, "Osaka" ten un soño estraño onde as coletas de Chiyo están posuídas.[15]

Temas musicais

[editar | editar a fonte]
Opening
  • "Soramimi Cake" (空耳ケーキ Soramimi Kēki?)
Interpretado por: Oranges & Lemons
Ending
  • "Raspberry Heaven" (Ceo framboesa)
Interpretado por: Oranges & Lemons

Referencias culturais

[editar | editar a fonte]

Varias tradicións e estereotipos amósanse nesta serie, especialmente do Xapón.

  • Durante a viaxe escolar, realízanse pequenas conversacións en Uchinaguchi.
  • O Nengajō (年賀状?, postais de ano novo) por parte de Yukari aos seus alumnos.[16]
  • O rexeitamento de Chiyo aos seus Otoshidama (お年玉?).[16]
  • O hatsuyume (初夢?, primeiro soño do ano) das protagonistas;
  • O uso de yukatas durante un festival de verán.
  • Festivais escolares (amósanse nos seus tres anos).
  • O Hatsumōde (初詣?), entre outros.[17]
  1. "Azumanga Daioh (manga): Trivia" (en inglés). 
  2. Azuma, Kiyohiko (2000). "Abril, 1° parte páx. 7". Azumanga Daioh, Volume 1. ISBN 4-8402-1467-0. 
  3. 3,0 3,1 Azuma, Kiyohiko (2000). "Maio, 1° parte páx. 34". Azumanga Daioh, Volume 1. ISBN 4-8402-1467-0. 
  4. 4,0 4,1 Azuma, Kiyohiko (2000). "Xaneiro, especial". Azumanga Daioh, Volume 2 páx. 14. ISBN 4-8402-1691-6. 
  5. Azuma, Kiyohiko (2000). "Decembro, 2° parte páx. 159". Azumanga Daioh, Volume 1. ISBN 4-8402-1467-0. 
  6. Azuma, Kiyohiko (2002). "Graduación, 2° parte páx. 183". Azumanga Daioh, Volume 4. ISBN 4-8402-2128-6. 
  7. Azuma, Kiyohiko (2000). "Xaneiro, especial". Azumanga Daioh, Volume 2 páx. 18. ISBN 4-8402-1691-6. 
  8. Azuma, Kiyohiko (2000). "Abril, 2° parte páx. 17". Azumanga Daioh, Volume 1. ISBN 4-8402-1467-0. 
  9. Azuma, Kiyohiko (2000). "Maio, 2° parte páx. 33". Azumanga Daioh, Volume 1. ISBN 4-8402-1467-0. 
  10. Azuma, Kiyohiko (2000). "Abril, 1° parte". Azumanga Daioh, Volume 1. ISBN 4-8402-1467-0. 
  11. Azuma, Kiyohiko (2002). "Graduación, 2° parte". Azumanga Daioh, Volume 4. ISBN 4-8402-2128-6. 
  12. "Volumes de Azumanga Daioh" (en inglés). 
  13. "Amazon.com" (en xaponés e inglés). 
  14. "Azumanga Web Daioh (ONA)" (en inglés). 
  15. "Azumanga Daioh - The Very Short Movie" (en inglés). 
  16. 16,0 16,1 Azuma, Kiyohiko (2000). "Xaneiro, páx. 9". Azumanga Daioh, Volume 2. ISBN 4-8402-1691-6. 
  17. Azuma, Kiyohiko (2002). "Xaneiro, 1° parte páx. 130". Azumanga Daioh, Volume 4. ISBN 4-8402-2128-6. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]