Ateneo de Naucratis
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 170 Naukratis, Exipto |
Morte | 223 (>223) (52/53 anos) |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura grega e historia |
Ocupación | escritor, orador, poeta |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Ateneo, nado en Naucratis, Exipto entre os século II e III, foi un erudito grego de quen pouco se sabe máis a quen se lle debe o coñecemento de numerosos autores clásicos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O banquete dos sabios, ou Deipnosophistae, é unha escolla de noticias e citas de textos duns 750 autores dos que doutra maneira non se sabería nada. Esta obra chegounos reducida a 15 libros a través dun epítome medieval. Ten a forma dun diálogo entre varios eruditos reunidos na casa do rico romano Publio Livio Laurencio. Os temas de que falan inclúen a comida, o luxo, a dieta, a saúde, as relacións sexuais, a pornografía, a música, o humor e a lingüística.