Saltar ao contido

Arte conceptual

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Arte conceptual, tamén coñecida como idea art, é un movemento artístico en que as ideas dentro dunha peza son un elemento máis importante do que é o sentido polo que foi creada a peza. A idea está sobre os aspectos formais dunha peza e en moitos casos a idea é a peza en si mesma, quedando a resolución final da obra como mero soporte.

A arte conceptual foi descrita polo artista Sol LeWitt likzae como:

Na arte conceptual a idea ou o concepto é a parte máis importante do traballo. Cando un artista emprega unha forma conceptual de arte, significa que todo o planeamento e as decisións está feito de antemán e a execución é un asunto superficial. A idea convértese nunha máquina que fai a arte.

A arte conceptual como movemento emerxeu á metade dos anos 1960, en parte como unha reacción en contra do formalismo que fora articulado polo influente crítico Clement Greenberg. Así a todo, dende as décadas de 1910 e 1920 o artista francés Marcel Duchamp serviría como precursor, dado que cos seus traballos chamados ready-made daría ós artistas conceptuais as primeiras ideas de obras baseadas en conceptos e realizadas con obxectos de uso común.

A arte conceptual emprega habitualmente materiais como a fotografía, mapas e vídeos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]