Saltar ao contido

Aristón de Quíos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAristón de Quíos
Nome orixinal(grc) Αρίστων ο Χίος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento300 a. C. Editar o valor en Wikidata
Quíos, Grecia Editar o valor en Wikidata
Morteséculo III a. C. Editar o valor en Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 300 a. C. Editar o valor en Wikidata)
MovementoEstoicismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresZenón de Citio e Polemo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosEratóstenes, Dífilo (pt) Traducir e Apollophanes of Antioch (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopedic Lexicon (en) Traducir
Encyclopædia Britannica
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata

Aristón de Quíos (grego antigo : Ἀρίστων ὁ Χῖος) foi un filósofo grego que floreceu arredor do -260 e foi contemporáneo de Epicuro, Aratos de Sición e Antígono II Gónatas . Nado en Quíos, era fillo de Milcíades.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi discípulo de Zenón na escola estoica e aínda que estudou con el, segundo Dióxenes Laercio foi posteriormente á escola de Polemón de Atenas. Puxéronlle o alcume de Falantos. Rexeitou todas as ramas da filosofía excepto a ética. Director do Liceo, dedicouse principalmente a difundir a doutrina aristotélica . Aristón fundou unha pequena escola oposta á de Hérilo, da que Dióxenes Laercio menciona a Dífilo e Milcíades como discípulos. Hai unha versión que di que morreu dun golpe de calor ou dunha insolación porque estaba calvo.

Aseveraba que o propósito da vida era permanecer indiferente entre o vicio e a virtude, sen facer distincións entre ningunha da dúas cousas, porque o sabio sabe actuar en todos os casos.

Dióxenes Laercio dá unha lista completa das súas obras pero menciona que Panecio e Sosícrates consideran estas obras a obra de Aristóteles de Kea, agás as cartas a Cleantes[1].

  1. Dióxenes Laercio. περὶ βίων, δογμάτων καὶ ἀποφθεγμάτων τῶν ἐν φιλοσοφία εὐδοκιμησάντων (Sobre as vidas, as opinións a as sentencias dos filósofos ilustres) VII, 160-165