Saltar ao contido

Apolo (bolboreta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apolo

Parnassius apollo (Canillo, Andorra).

Posición da Parnassius apollo cando se sente ameazada (Canillo, Andorra).
Posición da Parnassius apollo cando se sente ameazada (Canillo, Andorra).

Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
División: Dytrisia
Sección: Rhopalocera
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Papilionidae
Subfamilia: Parnassiinae
Tribo: Parnassiini
Xénero: Parnassius
Especie: P. apollo
Nome binomial
'Parnassius apollo'
(Linnaeus, 1758)

A apolo (Parnassius apollo) é un lepidóptero da familia Papilionidae. Trátase dunha especie tradicionalmente asociada con hábitats de montaña. As súas poboacións esténdense por gran parte de Europa e Asia, e distribúense pola gran maioría das grandes rexións montañosas de Europa até o Tian Shan (China) e oeste de Siberia. Malia a súa ampla distribución, rara vez é común.

A súa vistosidade e maxestade durante o voo valeulle que sexa moi aprezada por algunhas comunidades: pola banda positiva é protagonista de numerosos selos, mentres que pola negativa é obxectivo principal polos coleccionistas, feito que xunto coa destrución do seu hábitat (incluíndo o cambio climático), conduciu á especie ó status de ameazada.

  1. "Parnassius apollo" (en inglés). Consultado o 7 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]