Apatura iris
Apatura iris | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
'Apatura iris' (Linnaeus, 1758)[1] | |||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||
|
A Apatura iris é unha bolboreta da familia Nymphalidae.
Distribución
[editar | editar a fonte]A Apatura iris atópase ao longo de Europa central e occidental, chegando a súa distribución ata o norte da Península Ibérica, incluída Galiza.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os adultos da Apatura iris caracterízanse polas súas ás marróns con liñas brancas e cun pequeno anel laranxa situado nas ás secundarias. As bolboretas macho caracterízanse polo brillo violeta das súas ás, brillo do que as femias carecen. As eirugas da especie son de cor verde, con pintas brancas e amarelas, e caracterízanse polos seus dous grandes cornos.
-
Apatura iris
-
△ Apatura iris
Comportamento
[editar | editar a fonte]As femias pasan a maior parte das súas vidas nas copas das árbores, baixando só para reproducirse e poñe-los seus ovos. Os machos tamén pasan case toda a súa vida nas copas das árbores, defendendo o seu territorio dos rivais, aínda que tamén descenden para alimentarse e beber, ao igual que as femias.
Alimentación
[editar | editar a fonte]A diferenza do resto das bolboretas, a Apatura iris non se alimenta de flores, senón das secrecións dos afidios, do esterco, dos ouriños e dos cadáveres dos animais.
Posta
[editar | editar a fonte]Fai a súa posta a finais do verán na parte superior das follas, dunha tonalidade amarelenta. Trala eclosión, as eirugas da bolboreta establécense na parte posterior da folla, estando ben camufladas, saíndo a alimentarse só durante a noite. Durante o inverno as eirugas ivernan na póla da folla onde eclosionaron, cambiando a súa cor do verde ao marrón para camuflarse. Trala súa ivernación, no mes de xuño comezan a formar unha crisálide de cor branca semellante a un abrocho da planta, saíndo xa formados como adultos a mediados do mes de xullo.