Antichrist Superstar é o segundo álbum da banda estadounidense de rock industrialMarilyn Manson, publicado o 8 de outubro de 1996 a través dos selos Nothing Records e Interscope Records. O éxito do disco nas listas mainstream converteu ao grupo nun nome familiar e ao seu líder nunha icona do rock. Isto levou a numerosas protestas de grupos reixiosos e cívicos como a American Family Association debido á percibida postura anti-cristiá da banda ademais de pola da natureza transgresiva e de confrontación da súa música, actuacións e aparencia.
Aínda que está formado por tres ciclos, o álbum foi publicado como un único disco, de xeito semellante aos catro ciclos do traballo Holy Wood.
Hai diferentes nomes para a canción oculta "Empty Sounds of Hate". The Marilyn Manson Collection en iTunes a chama "Ghost Track" e Rhapsody titúlaa "Track 99".