Portrait of an American Family
Portrait of an American Family | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Marilyn Manson | ||||
Publicado | 19 de xullo de 1994 | |||
Duración | 61:05 | |||
Xénero(s) | metal industrial, metal alternativo, rock industrial | |||
Selo(s) | Nothing/Interscope | |||
Produtor | Trent Reznor, Marilyn Manson | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Portrait of an American Family é o álbum de estrea da banda estadounidense de metal industrial Marilyn Manson, publicado o 19 de xullo de 1994 a través dos selos Nothing Records e Interscope Records. Foi producido polo líder do grupo e por Trent Reznor de Nine Inch Nails. Inicialmente foi coñecido como The Manson Family Album (un referencia directa á bandado asasino en serie Charles Manson) pero foi retitulado antes de editarse.
É o único álbum de estudio de Marilyn Manson no que toca o baixista Gidget Gein. Gein foi despedido despois da produción debido á súa adicción á heroína e Twiggy Ramirez, encargado de equipo do grupo e amigo de Gein e Manson, sería colocado temporalmente como substituto mentres Gein se recuperaba. Finalmente faríase co lugar de Gein e durante un breve período de tempo adoptaría a súa imaxe. Contrariamente á crenza popular, Ramirez non tocou o baixo no traballo. Aínda que Sara Lee Lucas foi a batería do álbum, o teclista ao vivo de Nine Inch Nails Charlie Clouser usou unha caixa de ritmos para substituír o trabalo que realizou Lucas. Daisy Berkowitz axudou a compoñer a música para todas as cancións agás "Prelude (The Family Trip)" e "Sweet Tooth."
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todas as letras escritas por Manson (agás o tema 1, "Prelude (The Family Trip)", collido de Willy Wonka e a fábrica de chocolate; o tema 12, "My Monkey" que contén letras escritas por Charles Manson; e o tema 14, composto por Gary Numan).
N.º | Título | Música | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Prelude (The Family Trip)" | Manson, Gacy | 1:22 |
2. | "Cake and Sodomy" | Berkowitz | 3:53 |
3. | "Lunchbox" | Berkowitz, Gein | 4:34 |
4. | "Organ Grinder" | Gein, Berkowitz | 4:22 |
5. | "Cyclops" | Berkowitz, Gein, Gacy | 3:32 |
6. | "Dope Hat" | Manson, Berkowitz, Gacy | 4:20 |
7. | "Get Your Gunn" | Berkowitz, Gein | 3:17 |
8. | "Wrapped in Plastic" | Berkowitz | 5:35 |
9. | "Dogma" | Berkowitz | 3:26 |
10. | "Sweet Tooth" | Gacy, Gein | 5:03 |
11. | "Snake Eyes and Sissies" | Gacy, Berkowitz, Gein | 4:07 |
12. | "My Monkey" | Berkowitz | 4:31 |
13. | "Misery Machine" (Actual song ends at 5:03) | Gein, Berkowitz, Gacy | 13:09 |
Cancións extra na Arxentina | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Música | Duración | ||||||
14. | "Down in the Park" (versión de Gary Numan) | Numan | 5:00 | ||||||
15. | "Brown Bag" ("Lunchbox" remesturado por Charlie Clouser) | Berkowitz, Gein | 6:19 |