Amarantáceas
Amarantáceas Amaranthaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Amaranthus retroflexus | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
|
A das amarantáceas (Amaranthaceae) é unha famila de plantas anxiospermas da orde das cariofilales.
Comprende ao rededor de 160 xéneros cunhas 2 400 especies, a maioría delas son herbas ou subarbustos, pero inclúe tamén unhas poucas árbores e plantas rubideiras.
É unha familia amplamente estendida cuxo hábitat se encontra en rexións tropicais e subtropicais. A maior parte das especies son propias da África tropical e Norteamérica, pero algunhas son oriúndas das rexións temperadas.
Un gran número son populares plantas ornamentais de xardíns, en especial as especies de Alternanthera, Amaranthus, Celosia e Iresine.
Algúns dos seus membros máis coñecidos son especies dos xéneros Amaranthus e Salsola.
Moitas das especies son halófitas, é dicir, que prosperan en solos salinos.
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |