Alt-J
Alt-J (∆) | |
---|---|
Concerto de 2013 | |
Orixe | Leeds, Inglaterra |
Período | 2007 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, indie electrónico, indie rock, art rock, folk psicodélico, experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Loud And Quiet, Infectious, Atlantic, Canvasback |
Membros | Joe Newman Thom Green Gus Unger-Hamilton |
Na rede | |
altjband | |
Alt-J (de ∆ e escrito habitualmente como alt-J) é unha banda alternativa británica de Leeds formada en 2007. O seu álbum de estrea, An Awesome Wave, foi lanzado á venda en maio de 2012 en Europa e en setembro do mesmo ano nos Estados Unidos. A banda, formada por catro integrantes, gañou no 2012 o British Barclaycard Mercury Prize.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]O símbolo da banda é a letra grega Delta maiúscula (Δ) que se emprega en moitos campos técnicos para indicar un cambio ou diferenza.
O uso de Δ básase na secuencia de teclas empregada para xerala nunha computadora Apple Macintosh: ⌥ Option+J.
A portada do álbum debut da banda, An Awesome Wave, mostra unha vista aérea do río delta máis grande do mundo, o Ganxes.
A banda foi coñecida anteriormente polo nome "Daljit Dhaliwa" e logo por "Films",[1] aínda que máis tarde víronse obrigados a cambia-lo nome a como é coñecida hoxe, porque xa existía unha banda estadounidense chamada "The Films".
Historia
[editar | editar a fonte]Alt-J formouse en 2007 cando Gwil Sainsbury (guitarrista / bajista), Joe Newman (guitarra / voz), Gus Unger-Hamilton (teclados) e Thom Green (batería) se coñeceron na Universidade de Leeds.
Gus Unger-Hamilton estudou literatura inglesa mentres o resto da formación estudaba Belas Artes. No segundo ano de universidade, Joe Newman mostrou a Gwil Sainsbury unha serie de cancións inspiradas no seu pai, guitarrista. Ámbolos dous comezaron a gravar nun programa chamado Garageband no seu dormitorio, con Gwil Sainsbury como produtor. Tras graduarse, mudáronse a Cambridge. O seu álbum debut foi grabado en Brixton.
O 3 de marzo, Alt-J empezou a anunciar o seu novo álbum a través das súas contas en redes sociais cun clip de son chamado "00110011 01110111 01110111", o cal se traduce en "3WW". Stereogum reportou ese mesmo día que o álbum chamaríase "Relaxer" e sería publicado o 9 de xuño de 2017. O 5 de marzo do ano 2017, Alt-J lanzou "3WW" coma un sinxelo dixtal.
O 16 de setembro de 2021, a banda anunciou que o seu primeiro sinxelo dende 2018, titulado "U&ME", sería lanzado o 22 dese mesmo mes. Este lanzamento coincidiu co anuncio do seu cuarto álbum, "The Dream", que saíu á luz o 11 de febreiro de 2022[2].
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Título | Detalles do álbum | Posicións nas listas de éxitos | Premios | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
RU [3] |
AUS [4] |
BEL (Fl) [5] |
CAN [6] |
DIN [7] |
FRA [8] |
IRL [9] |
PB [10] |
NC [11] |
SUI [12] |
USA [13] | |||||
An Awesome Wave |
|
13 | 9 | 17 | 30 | 34 | 45 | 11 | 18 | 24 | 39 | 80 | |||
This Is All Yours |
|
1 | 2 | 2 | 2 | 7 | 5 | 4 | 6 | 5 | 3 | 4 | |||
Relaxer |
|
6 | 4 | 4 | 7 | — | 11 | 9 | 12 | 12 | 3 | 14 | |||
The Dream |
|
- | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | |||
"—" quere dicir que non chegou ás listas dese país ou que non se lanzou alí. |
Álbums ao vivo
[editar | editar a fonte]Título | Detalles do álbum | Posicións nas listas de éxitos | ||
---|---|---|---|---|
UK [3] |
BEL (Fla) [5] |
FRA [8] | ||
Live at Red Rocks |
|
— | 58 | 187 |
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Título | Ano | Posición nas listas | Álbum | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
UK | FRA | US | ||||||||||
"Bloodflood" / "Tessellate" | 2011 | — | — | — | An Awesome Wave | |||||||
"Matilda" | 2012 | 83 | 109 | 7 | ||||||||
"Breezeblocks" | 75 | |||||||||||
"Tessellate" | 120 | 124 | — | |||||||||
"Something Good" | 76 | 66 | — | |||||||||
"Fitzpleasure" | — | — | — | |||||||||
"Dissolve Me" | 2013 | — | — | — | ||||||||
"Hunger of the Pine" | 2014 | 59 | 58 | 147 | This Is All Yours | |||||||
"Left Hand Free" | 85 | 54 | 126 | |||||||||
"Every Other Freckle" | 58 | 59 | 93 | |||||||||
"Warm Foothills" | 2015 | 161 | — | — | ||||||||
"3WW" | 2017 | — | 70 | — | Relaxer | |||||||
"In Cold Blood" | — | 64 | 163 | |||||||||
"Adeline" | — | — | — | |||||||||
"Deadcrush" | — | 79 | — | |||||||||
"Pleader" | — | — | — | |||||||||
"—" quere dicir que non chegou ás listas dese país ou que non se lanzou alí. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "alt-J". SoundCloud (en inglés). Consultado o 2022-02-16.
- ↑ "Alt-J desvelan los secretos de “The Dream” en nuestro podcast especial". MondoSonoro (en castelán). 2022-02-15. Consultado o 2022-02-16.
- ↑ 3,0 3,1 Official Charts Company (eds.). "Alt-J". Consultado o 17/01/2018.
Seleccione a lapela de "Albums"
- ↑ Hung Medien (eds.). "Discografía de Alt-J". australian-charts.com. Consultado o 17/01/2018.
- ↑ 5,0 5,1 Hung Medien. "Discografía de Alt-J". ultratop.be (en neerlandés). Consultado o 17/01/2018.
- ↑ Prometheus Global Media (eds.). "Álbums de Alt-J & e historial de cancións: Canadian Albums". Billboard magazine.
Escolla "Chart History > Billboard Canadian Hot 100"
- ↑ Hung Medien (eds.). "Discografía de Alt-J". danishcharts.com. Arquivado dende o orixinal o 02/04/2015. Consultado o 17/01/2018.
- ↑ 8,0 8,1 Hung Medien (eds.). "Discografía de Alt-J". lescharts.com (en francés). Consultado o 17/01/2018.
- ↑ Hung Medien (eds.). "Discografía de Alt-J". irish-charts.com. Consultado o 17/01/2018.
- ↑ Hung Medien (eds.). "Discografía de Alt-J". dutchcharts.nl (en neerlandés). Consultado o 17/01/2018.
- ↑ Hung Medien (eds.). "Discografía de Alt-J". charts.org.nz. Arquivado dende o orixinal o 02/04/2015. Consultado o 17/01/2018.
- ↑ Hung Medien (eds.). "Discografía de Alt-J". hitparade.ch (en alemán). Consultado o 17/01/2018.
Escolla a lapela de "Charts"
- ↑ Prometheus Global Media (eds.). "Alt-J – Chart History: Billboard 200". Billboard magazine. Consultado o 17/01/2018.
Escolla "Chart History > Billboard"
- ↑ Apple Inc. (eds.). "An Awesome Wave by alt-J". iTunes Store. United Kingdom. Consultado o 17/01/2018.
- ↑ 15,0 15,1 British Phonographic Industry (eds.). "Certified Awards Search". Arquivado dende o orixinal o 01/08/2017. Consultado o 17/01/2018.
Para atopar a información, prema en buscar co termo "Alt-J"
- ↑ Australian Recording Industry Association, eds. (31/12/2014). "ARIA Charts - Accreditations - 2014 Albums". Consultado o 17/01/2018.
- ↑ 17,0 17,1 Recording Industry Association of America (eds.). "American certifications – Alt-J". Consultado o 17/01/2018.
- ↑ Apple Inc. (eds.). "This Is All Yours by alt-J". iTunes Store. Reino Unido. Consultado o 17/01/2018.
- ↑ "Presentación da nova canción de alt-J “3WW” no adianto LP3". Stereogum. Consultado o 17/01/2017.
- ↑ "Crítica: 'The Dream', 4º disco de alt-J". jenesaispop.com (en castelán). 2022-02-15. Consultado o 2022-02-16.
- ↑ Renshaw, David (17/01/2018). Time Inc. UK, eds. "alt-J announce 'Live At Red Rocks' album – watch 'Left Hand Free' now". NME. Consultado o 17/01/2018.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |