Saltar ao contido

Alopecia androxenética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alopecia androxenética
Alopecia de patrón masculino
SinónimosCalvicie común, alopecia ou calvicie de patrón masculino, alopecia ou calvicie de patrón feminino
EspecialidadeDermatoloxía
SíntomasPerda de cabelo en patróns específicos, adelgazamento dos cabelos
DuraciónCrónica
CausasHerdanza xenética, influencia hormonal
Factores de riscoHistoria familiar, envellecemento
DiagnósticoExame físico, historia clínica
TratamentoMedicamentos, cirurxía de transplante capilar
MedicaciónMinoxidil, finasteride
PrognoseVaría dependendo do individuo; o cabelo perdido xeralmente non volve crecer
FrecuenciaAproximadamente o 50% dos homes experimentan algunha forma de alopecia androxenética en maior ou menor grao a partir dos 50 anos de idade.
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Diversos tipos, graos e evolución de alopecia parcial de patrón masculino (escala Hamilton-Norwood).

A alopecia androxenética[1] ás veces traducida ao galego como alopecia androxénica,[2] é a perda de cabelo que afecta principalmente a parte superior e frontal do coiro cabeludo.[3] Nos homes, chámase alopecia androxenética de patrón masculino, tamén coñecida como alopecia ou calvicie masculina e nas mulleres, alopecia androxenética de patrón feminino. Nos homes, maniféstase principalmente polo retroceso da zona co cabelo, mentres que nas mulleres maniféstase como un cabelo progresivamente máis fino.[3]

Crese que a perda de cabelo masculina é causada por unha combinación de factores xenéticos e a hormona masculina dihidrotestosterona. Non obstante, aínda non se comprenden completamente as causas da alopecia en mulleres.[3]

Tratamento

[editar | editar a fonte]

Efectos psicolóxicos

[editar | editar a fonte]

O tratamento pode consistir simplemente en aceptar a condición de calvicie.[3] Con todo, a alopecia pode ter un impacto psicolóxico significativo. As persoas que experimentan perda de cabelo poden sufrir de ansiedade, depresión e fobia social debido á alteración da súa imaxe corporal e á percepción de non cumprir coas normas sociais de aparencia.[4]

Tratamentos farmacolóxicos

[editar | editar a fonte]

Outros posibles tratamentos inclúen os medicamentos minoxidil ou finasterida. Porén, a evidencia da eficacia da finasterida nas mulleres é limitada e pode causar malformacións fetais se se toma durante o embarazo.[3]

Transplante de cabelo

[editar | editar a fonte]

O transplante de pelo ou cabelo é unha técnica cirúrxica que extrae folículos pilosos dunha parte do corpo, chamado "sitio doante" a unha parte calva chamada "sitio receptor". Algúns pacientes poden beneficiarse coa aplicación tópica pre-operatoria de minoxidil e vitaminas.[5]

Prevalencia

[editar | editar a fonte]

A alopecia androxenética é a causa máis común de caída do cabelo e afecta ao 50% dos homes e ao 25% das mulleres aos 50 anos.[3]

  1. A alopecia denomínase androxenética, xa que está producida por factores ligados á masculinidade. O adxectivo "androxénico, -a" está reservado no dicionario galego de termos médicos (p.35) para o que ten "efecto masculinizante" (véxase tamén andróxeno).
  2. Pontevedra, Diario de (2011-08-02). "A OCU denuncia o engano dos tratamentos contra a alopecia". Diario de Pontevedra. Consultado o 2024-10-01. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Selected Disorders of Skin Appendages--Acne, Alopecia, Hyperhidrosis". The Medical Clinics of North America 99 (6): 1195–211. novembro de 2015. PMID 26476248. doi:10.1016/j.mcna.2015.07.003. 
  4. "Psychological effects of hair loss". DermNet® (en inglés). 2023-10-26. Consultado o 2024-10-01. 
  5. "Androgenetic Alopecia". Medscape. Consultado o 7 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]