Doenza conxénita
Doenza conxénita | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Unha doenza conxénita é aquela que se manifesta dende o nacemento, xa sexa producida por un trastorno ocorrido durante o desenvolvemento embrionario, durante o parto, ou como consecuencia dun defecto hereditario.[1]
As exposicións a produtos químicos no medio ambiente poden prexudicar a función reprodutiva humana de moitas maneiras. Os sistemas reprodutivos masculinos e femininos son importantes sistemas de órganos, os cales son sensibles a numerosos axentes químicos e físicos. A ampla gama de resultados reprodutivos adversos inclúe unha redución na fertilidade, abortos espontáneos, baixo peso ó nacer, malformacións e deficiencias do desenvolvemento.
Taxa de ocorrencia
[editar | editar a fonte]Relación das anomalías conxénitas co sexo
[editar | editar a fonte]Moitos estudos atoparon que a frecuencia de aparición de certas malformacións conxénitas depende do sexo do neno.[2][3][4][5][6]
Por exemplo, a estenose pilórica ocorre máis a miúdo en homes, mentres que a luxación conxénita de cadeira é de catro a cinco veces máis probable en mulleres. Entre os nenos cun ril, hai aproximadamente o dobre de homes, mentres que entre os nenos con tres riles hai aproximadamente 2,5 veces máis mulleres. O mesmo patrón obsérvase entre os bebés cun número excesivo de costelas, vértebras, dentes e outros órganos que nun proceso de evolución sufriron redución, entre eles hai máis mulleres. A anencefalia prodúcese con aproximadamente o dobre de frecuencia nas mulleres.[7] A cantidade de nenos que nacen con 6 dedos é dúas veces maior que a cantidade de nenas.[8]
Ó redor do 3% dos recentemente nados teñen unha "anomalía física importante", o que significa unha anomalía física que ten un significado cosmético ou funcional. As anomalías conxénitas físicas son a principal causa de mortalidade infantil nos Estados Unidos, e representan máis do 20% de todas as mortes infantís.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Abriendo caminos: principios básicos de fibromialgia, fatiga crónica e intolerancia química múltiple (en castelán). Lulu.com. ISBN 9788496516113.
- ↑ Gittelsohn A., Milham S. (1964) Statistical study of twins—methods. Am. J. Public Health Nations Health 54 p. 286–294.
- ↑ Fernando J., Arena P., Smith D. W. (1978) Sex liability to single structural defects. Am. J. Dis. Child 132 p. 970 –972.
- ↑ Lubinsky M. S. (1997) Classifying sex biased congenital anomalies. Am. J. Med. Genet. 69 p. 225–228.
- ↑ Lary J. M., Paulozzi L. J. (2001) Sex differences in the prevalence of human birth defects: a population-based study. Teratology 64 p. 237–251.
- ↑ Wei Cui, Chang-Xing Ma, Yiwei Tang, e. a. (2005) Sex Differences in Birth Defects: A Study of Opposite-Sex Twins. Birth Defects Research (Part A) 73 p. 876–880.
- ↑ World Health Organization (reports). “Congenital malformations”, Geneve, 1966, p. 128.
- ↑ Darwin C. (1871) The descent of man and selection in relation to sex. London, John Murray, 1st ed.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Doenza conxénita |