Alicia Silverstone
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1976 (48 anos) San Francisco (Estados Unidos de América) |
Residencia | Os Ánxeles |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | San Mateo High School Crocker Middle School (en) Hillsborough City School District (en) High School de Beverly Hills (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema |
Período de actividade | 1992 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Xénero artístico | Comedia e melodrama |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Christopher Jarecki (2005–2018) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | thekindlife.com |
|
Alicia Silverstone, nada en San Francisco o 4 de outubro de 1976, é unha actriz, produtora, autora e activista estadounidense.[1][2][3] Silverstone fixo o seu debut no cine no filme The Crush, e gañou fama como ídolo adolescente despois de aparecer en tres vídeos musicais de Aerosmith. En 1995, protagonizou Clueless e en 1997, en Batman e Robin, no cal interpretou a Batgirl. Continuou a súa carreira no cine, na televisión e no teatro. Polo seu papel no drama Miss Match, Silverstone recibiu un nomeamento ós Globos de Ouro.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]Silverstone ten dous irmáns máis vellos, unha media irmá do anterior matrimonio do seu pai, Kezi Silverstone, e un irmán, David Silverstone. Casou co seu noivo de sempre, o músico de rock Christopher Jarecki, nunha cerimonia á beira do mar en Lago Tahoe en xuño de 2005.[4] Vivían nunha casa ecolóxica nos Ánxeles, con paneis solares e un xardín orgánico. Silverstone comprou a casa, compartida cunha "colección de cans rescatados", en 1996.[5] A parella separouse en 2018.[6]
O 5 de maio de 2011, Silverstone deu a luz a un neno chamado Bear Blu Jarecki.[7]
Activismo
[editar | editar a fonte]Silverstone destaca por ser unha activista ambiental e dos dereitos dos animais. Ela fíxose vegana en 1998 despois de asistir a unha reunión sobre os dereitos dos animais, dicindo "Decateime de que eu era o problema […] Era unha amante dos animais, que estaba comendo animais".[8] Ela afirmou que loitou contra o vexetarianismo na infancia, afirmando que "aos oito anos é difícil quedarse coas túas armas, polo que ao longo dos anos sempre empecei e deixei de tentar ser vexetariana".[9] Reivindicou tamén os dereitos e o benestar das mulleres, participando en eventos acerca deses temas.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morgan, Adam (2009). Wiley, ed. Eating the Big Fish: How Challenger Brands Can Compete Against Brand Leaders. p. 144. ISBN 978-0470238271.
- ↑ Vaughn, Jacqueline (2003). ABC-CLIO, ed. Environmental Activism: A Reference Handbook. p. 167. ISBN 978-1576079010.
- ↑ Photography By Rodale Images (5 de abril de 2012). Womenshealthmag.com, ed. "Alicia Silverstone: The Kind Diet | Women's Health Magazine". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2012. Consultado o 11 de abril de 2012.
- ↑ Wihlborg, Ulrica (Consultado o 18 de abril de 2012). "Marriage, Alicia Silverstone". people.com; 13 de xuño de 2005;.
- ↑ "Amor, naturalmente". ." Revista People 27 de xuño de 2005.
- ↑ "Alicia Silverstone e o seu marido Christopher Jarecki sepáranse". 27 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018.
- ↑ "Alicia Silverstone Gives Birth to a Boy". Peoplemag (en inglés). Consultado o 2023-01-26.
- ↑ Pener, Degan. "Alicia no país das marabillas." InStyle Home primavera de 2007.
- ↑ "Silverstone struggled with childhood vegetarianism". breakingnews.iol.ie. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2009. Consultado o 26 de xaneiro de 2023.
- ↑ "La actriz Alicia Silverstone será la principal oradora en la Cumbre Anual de Bienestar de la Mujer en El Paso". MSN (en castelán). Consultado o 2023-01-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alicia Silverstone |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alicia Silverstone na IMDb (en inglés).