Aerosol
En enxeñería ambiental, denomínase aerosol a un coloide de partículas sólidas ou líquidas suspendidas nun gas. O termo aerosol refírese tanto ás partículas como ao gas no que as partículas están suspendidas.[1] O tamaño das partículas pode ser desde 0,002 µm a máis de 100 µm, isto é, desde unhas poucas moléculas ata o tamaño no que ditas partículas non poden permanecer suspendidas no gas polo menos durante unhas horas.[2])
Usos e características
[editar | editar a fonte]Ás veces, os aerosois son empregados como drogas para a súa inhalación. O termo "inhalantes" se utiliza para describir unha variedade de substancias cuxa característica común é que rara vez, ou nunca, son empregadas por outra ruta que non sexa pola de inhalación e o seu consumo ten a intención de provocar algún efecto no organismo do consumidor.
Os aerosois son difusores que conteñen propulsores e disolventes. Estes inclúen as pinturas pulverizadas, atomizadores para desodorizantes e fixadores de pelo, difusores de aceite vexetal para cociñar e difusores para protexer tecidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aerosol.
- ↑ Manuel Santiago Aladro (2012). "ESTUDIO DE LA FORMACIÓN DE AEROSOLES ORGÁNICOS SECUNDARIOS EN UN MODELO FOTOQUÍMICO MEDIANTE EXPERIMENTOS EN UNA CÁMARA DE SIMULACIÓN ATMOSFÉRICA" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2016. Consultado o 28 de xuño do 2020.
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |