Saltar ao contido

Droga

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un surtido de drogas.
Sección de bebidas alcohólicas nun hipermercado, considerada xunto co tabaco unha droga legal.

A droga é o termo xeral polo que se designa así calquera substancia con capacidade de alterar un proceso biolóxico ou químico nun organismo vivo, cun propósito determinado, como por exemplo combater unha enfermidade, aumentar a resistencia física, ou modificar a resposta inmunolóxica. O cerebro é a zona máis sensíbel aos efectos das drogas.

Xeralmente o termo droga utilízase para se referir ás de uso ilegal, en cambio para as de uso médico acostúmase preferir o termo fármaco.

Drogas medicinais (para o tratamento de enfermidades)

[editar | editar a fonte]

O concepto farmacolóxico e médico da palabra droga é calquera substancia química capaz de modificar o funcionamento dun ser vivo. Este concepto refírese a que a modificación pode ser prexudicial ou beneficiosa para o ser vivo, e que depende do tempo de administración e da dose. Paracelso, pai da farmacoloxía, en 1500 dixo que todas as substancias son velenos, a diferenza dun veleno cun medicamento é a dose, é dicir que un medicamento administrado en dose e durante un tempo inadecuado tórnase nun factor prexudicial que pode chegar até a morte. Un medicamento diferénciase dunha droga en que é usada para o diagnóstico, prevención ou tratamento das enfermidades e aseméllase a unha droga en que tamén é unha substancia química capaz de modificar o funcionamento dun ser vivo.

Drogas de uso recreativo ou drogas de abuso

[editar | editar a fonte]
A cafeína é a substancia psicoactiva máis consumida do mundo.

As drogas de abuso son substancias de orixe natural ou sintético con efectos sobre o sistema nervioso central, utilizada con fins extraterapéuticos.

O que unha substancia sexa definida como droga decídese por elementos socioculturais máis que polas súas características farmacolóxicas. As substancias clasificadas como drogas sono porque a sociedade as codificou culturalmente como tales entrando, ademais, en contacto con elas e usándoas precisamente para conseguir os efectos que se agardan delas. A investigación farmacolóxica e bioquímica, mostrando as propiedades e os efectos de determinadas substancias sobre o organismo, pode sinalar cales son drogas teóricas ou potenciais. Mais para que as ditas substancias adquiran o status de drogas han de ser codificadas culturalmente como tales.

Para que unha substancia poida ser considerada como droga, é preciso que teña provocado nalgún dos seus usuarios unha síndrome de dependencia, percibido como tal polo propio usuario, polos do seu contorno ou pola sociedade. A aparición dunha síndrome de dependencia depende das propiedades farmacolóxicas da substancia ao interactuar cun organismo vivo.

As drogas de abuso acostuman ser substancias psicótropas e estupefacientes.

Clasificación das drogas de uso recreativo ou drogas de abuso

[editar | editar a fonte]

Podemos clasificar as drogas de abuso en función dos seus efectos sobre o cerebro en dous grandes grupos:

Depresoras Alcol Cervexa
Licores
Viño
Barbitúricos Amobarbital ou Amytal
Butabarbital ou Butisol
Pentobarbital ou Nembutal
Secobarbital ou Seconal
Fenobarbital
Inhalantes Disolventes volátiles
Aerosois
Gases
Nitritos
Tranquilizantes ou Ansiolíticos Diazepam ou Valium
Chlordiazepoxide ou Librum
Clonazepam ou Klonopin
Lorazepam ou Ativán
Alprazolam ou Trankimazin
Temazepam ou Restoril
Flunitrazepam ou Rohypnol
Clorazepate ou Tranxene
Narcóticos ou estupefacientes de orixe natural Morfina
Codeína
Heroína
Narcóticos ou estupefacientes de orixe sintética Meperidina ou Petidina ou Demerol
Metadona
Planta do cánnabis ou Marihuana THC ou Tetrahidrocannabinol
Haxix
Cánnabis
Estimulantes Alucinóxenos de orixe natural Mescalina
Cogomelos alucinóxenos
Alucinóxenos de orixe sintética LSD ou Ácido lisérxico
Outros alucinóxenos
Anfetaminas Benzedrina
Dexedrina
Éxtase (droga) ou MDMA
Xantinas ou Metilxantinas Cafeína
Guaranina
Teofilina
Teobromina
Planta da cocaína Cocaína
Crack
Nicotina Tabaco
Esteroides anabólicos Estanozolol
Nandrolona
Testosterona
Oximetolona

Drogas intelixentes

[editar | editar a fonte]

Hai fármacos, alimentos e suplementos nutricionais que se presentan como axuda para mellorar o rendemento intelectual e a saúde. Ás veces denominadas coa forma inglesa smart drugs, as drogas intelixentes, denominación baixo a que se engloba unha gran cantidade de produtos con certas características comúns: pretenden aumentar o rendemento, non son aditivos, carecen practicamente de efectos adversos e poden adquirirse máis ou menos facilmente en diversos establecementos. Pero hai escasa evidencia que realmente aumenten as capacidades cognitivas en xente san [1].

Historia das drogas

[editar | editar a fonte]

Os homes da antiga Grecia tamén eran afeccionados a ese tipo de substancias anabolizantes, facíano para saír do mundo. Desde as primeiras civilizacións como a asiria até o século XXI, o ser humano consumiu todo tipo de drogas por diferentes motivos, como relixiosos, rituais, medicinais, hábito ou costume, distracción ou hedonismo.

  1. Simon Wills Drugs of Abuse. Pharmaceutical Press (2005), p. 365

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Escohotado, Antonio: Historia General de las Drogas (incluíndo o apéndice Fenomenología de las Drogas). Espasa Calpe Mexicana, S.A. (agosto, 1999), 1542 páxinas, ISBN 84-239-9739-1
  • Gahlinger, Paul M.: Illegal Drugs: A Complete Guide to Their History, Chemistry, Use and Abuse. Sagebrush Press (UT) (Outubro, 2001), 480 páxinas, ISBN 0-9703130-1-2
  • Porter, Roi & Teich, Mikul`s: Drugs and Narcotics in History. Cambridge University Press (Marzo 28, 1997), 239 páxinas. ISBN 0-521-58597-X
  • Ruiz Franco, Juan Carlos: "Drogas Intelixentes". Editorial Paidotribo (Xaneiro, 2005), 261 páxinas, ISBN 84-8019-822-2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]