Saltar ao contido

Grupo acetoxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Acetoxi»)
A estrutura do grupo acetoxi      azul.

O grupo acetoxi, abreviado como AcO ou OAc, cuxo nome preferido pola IUPAC é acetiloxi,[1] é un grupo químico funcional coa estrutura CH3-C(=O)-O-. Diferénciase dun grupo acetilo (CH3-C(=O)-) pola presenza dun átomo de oxíxeno adicional. O nome acetoxi é a forma curta de acetil-oxi.

Functionalidade

[editar | editar a fonte]

Un grupo acetoxi pode utilizarse como unha proteción para unha funcionalidade alcohol nunha ruta sintética aínda que o propio grupo protector se denomina grupo acetilo.

  1. Nomenclature of Organic Chemistry : IUPAC Recommendations and Preferred Names 2013 (Blue Book). Cambridge: The Royal Society of Chemistry. 2014. p. 805. ISBN 978-0-85404-182-4. doi:10.1039/9781849733069-00648. O nome sistemático ‘acetiloxi’ é preferido ao nome contracto ‘acetoxi’ que pode ser usado na nomenclatura xeral. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros grupos

[editar | editar a fonte]