Saltar ao contido

Abella obreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Larvas en celas, alimentadas durante tres días con xelea real.
Larvas de obreiras operculadas, despois do noveno día.

As abellas obreiras son as abellas femias infértiles. Unha colmea ten normalmente entre 30.000 (unha cámara de cría) a 80.000 (cando ten varias alzas melarias) individuos dos cales case a súa totalidade son obreiras. As obreiras son femias máis pequenas que a mestra e os seus aparellos reprodutores atópanse atrofiados (non son funcionais), só nalgúns casos de orfandade, as obreiras poñen ovos (que non están fecundados) dos que sairán abellóns de tamaño máis pequeno que os postos pola mestra.

Características

[editar | editar a fonte]

Dende a posta do ovo fecundado, unha obreira tardará en nacer 21 días. Os ovos permanecen durante 3 días, a continuación eclosionan e xorde a larva ápoda e cega que será alimentada con xelea real durante tres días consecutivos. A partir do 3º día, as larvas aliméntanse cunha mestura de pole e mel (pan de abella) durante outros 3 días máis e despois, sélase a cela (cela operculada) para que sufran a metamorfose. A abella cando nace, é pequena, peluda, brancuxada, torpe e inofensiva.

Os insectos na súa fase adulta teñen unha vida curta, que se limita a unha determinada época do ano, xeralmente á primavera e o verán; viven 65 días media. No outono e inverno as obreiras viven 90 a 120 días. Podemos dicir que a vida media das abellas obreiras en xeral é de 35 días.

As abellas, en cambio, teñen maior lonxevidade que outros insectos, a duración da súa vida depende de factores como o sexo e a actividade desempeñada.

Ao longo da súa vida, as obreiras realizan distintas tarefas segundo a súa idade, ata os 21 días non saen da colmea (obreiras de interior) e realizan diferentes funcións:

  • limpadoras: encárganse de manter limpos os panais de cera e toda a colmea.
  • ama de cría ou nutriz: comezan a desenvolver as súas glándulas hipofarínxeas produtoras de xelea real.
  • cereiras: desenvolven as glándulas cereiras e constrúen os panais de cera.
  • almacenadoras: son as que reciben o alimento das carrexadoras e colócanos nos panais.
  • gardiás: coidan na piqueira que non entren abellas doutras colmeas. Aínda que impiden a entrada ás obreiras doutras colmeas, son permeables á entrada de abellóns xa que estes non posúen a glándula de Nassanov (encargada de facer notar o olor propio do individuo).
  • ventiladoras: xeran unha corrente de aire a fin de deshidratar o néctar.

Aos 21 días atrófianselles as glándulas da cera polo que xa saen da colmea (obreiras de exterior) e denomínanse carrexadoras e realizan as seguintes funcións:

  • colleitar néctar.
  • colleitan pole.
  • colleitan própole.
  • carrexan auga.

Estas secuencias non son seguidas por todas as abellas, así como hai abellas que chegan a carrexadoras sen realizar as actividades anteriores. Algunhas parecen madurar prematuramente, do mesmo xeito que outras poden rexuveneceren determinadas condicións.

As obreiras teñen varias características específicas; o seu tamaño é máis pequeno que o dos demais compoñentes da colmea e o seu abdome tamén é máis curto. Ademais, posúen un aparello bucal moi desenvolvido cunha lingua moi longa que lles permite obter o néctar que almacenan no bocho melario para transportalo á colmea.

Teñen unha visión moi desenvolvida xa que a necesitan para a recolección, localización etc. Nas patas posteriores, posúen unha modificación denominada corbícula (cesta pequena) que lles permite transportar o pole e o própole (resina das plantas). Posúen un cepillo de pelos onde quedan recollidos os grans de pole, cando este cepillo esta cheo, pasan o pole ás cestas e transpórtano á colmea.

Glándulas e órganos das obreiras

[editar | editar a fonte]

Unha característica moi importante das obreiras é que son a única caste da colmea que posúen no seu abdome 4 pares de glándulas cereiras, estas, son as encargadas de producir a cera que se emprega na elaboración e arranxo das celas dos panais de cera.

No seu abdome, tamén posúen glándulas de Nassanov (na parte posterior do sétimo terxito do abdome formando unha banda) encargadas de producir o cheiro característico da colonia. Pódense ver as abellas na piqueira coa glándula de Nassanov aberta, chamando ás outras para que entren nela. Este comportamento é moi característico porque vemos a abella que eleva o abdome, por sobre o tórax e a cabeza. Deste xeito chaman e orientan áas obreiras cando a colonia está revolta recoñecéndose coas da mesma colonia.

As glándulas galactóxenas están presentes na parte superior dianteira da cabeza e no tórax, son as encargadas de producir a xelea real que é o alimento das crías nos seus primeiros 3 días, e o da abella mestra durante toda a súa vida.

O ovopositor atrofiado convértese nun aguillón que utilizan como aparello defensivo. Este ten forma arponeada polo que tras cravalo, e a non ser que pique nun corpo adiposo por exemplo o doutra abella, a obreira morre xa que debido á súa forma, o aguillón queda atrapado e desgarra parte do abdome da obreira. Ao final do aguillón pódese ver unha bolsiña esbrancuxada, vesícula do veleno encargada de introducir o veleno de abella (apitoxina) mediante movementos contráctiles. O aguillón débese quitar raspando cun obxecto afiado (navalla) xa que se o facemos cos dedos, introduciremos todo o veleno ao apertalo.

A obreira presenta no seu tórax o estómago do mel ou bocho melario, onde ingresa o néctar succionado que logo se transforma en mel.

No terceiro par de patas hai unha adaptación especial denominada cesta ou corbícula, que é onde a abella, por medio de peites raspadores, aglutina os grans de pole que transporta á súa colonia ou colmea.

Comunicación das obreiras

[editar | editar a fonte]

A comunicación entre as obreiras carrexadoras leva a cabo mediante o comportamento que denominamos danza da abella. Mediante este baile, as carrexadoras que atoparon unha fonte de alimento comunícanlle ao resto a dirección e distancia da fonte con respecto á colmea que pertencen. Cabe destacar que cando emprenden a viaxe desde a colmea cara á fonte "cargan alimento" proporcional á distancia a percorrer, a fin de economizar e á súa vez ter capacidade de carga ao seu regreso, é por iso, que se algún axente externo ou atmosférico desvíaa do seu destino, a abella non conta con autonomía suficiente. e salvo que atope alimento necesario no seu camiño, non pode volver á colmea e morre.

Alimentación con larvas

[editar | editar a fonte]

As larvas de abellas poden ser utilizadas en alimentación humana. Na gastronomía do Xapón están presentes e denomínanse hachinoko aínda que son pratos pouco comúns. En países con máis tradición na cociña de insectos é común o seu consumo.

Ciclo da obreira

[editar | editar a fonte]
Tipo Ovo Larva Operculado Pupa Período desenvolvemento Fertilidade
Obreira 3 días 6 días 9 días 12 días 21 días non ten
Días comezo estadio larval Peso da larva
2 3.4 mg
3 33.3 mg
4 100.1 mg
5 134.5 mg
6 155.2 mg

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]