Saltar ao contido

A miña noite con Maud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A miña noite con Maud
Ficha técnica
Título orixinalMa nuit chez Maud
DirectorÉric Rohmer
ProdutorPierre Cottrell
Barbet Schroeder
GuiónÉric Rohmer
IntérpretesJean-Louis Trintignant
Françoise Fabian
Marie-Christine Barrault
Antoine Vitez
FotografíaNéstor Almendros
MontaxeCécile Decugis
DistribuidoraCompagnie Française de Distribution Cinématographique
EstreaFrancia 15 de maio de 1969
Galicia 20 de xaneiro de 2008 (TVG)
Duración110 minutos
Orixe Francia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0064612 Filmaffinity: 903219 Allocine: 2082 Rottentomatoes: m/my_night_at_mauds Allmovie: v34102 TCM: 84377 TV.com: movies/my-night-at-mauds Netlix: 70052655 Editar o valor en Wikidata

A miña noite con Maud (en francés: Ma nuit chez Maud) é un filme francés de 1969 dirixido por Éric Rohmer. É o terceiro filme (o cuarto segundo a orde de estrea) na serie Contes moraux. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 42ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.[1]

Estreouse subtitulado en galego o 20 de xaneiro de 2008 a través da TVG.[2]

Na cidade de Clermont-Ferrand, poucos días antes de Nadal, Jean-Louis un enxeñeiro novo e devoto católico que acaba de regresar do estranxeiro, fíxase durante unha misa nunha muller loira e decide nese momento que se converterá na súa esposa. Atopa logo por casualidade a Vidal, un vello amigo comunista, que o invita a unha cea de noiteboa na casa dunha amiga divorciada, Maud. A noite transcorre entre longas conversas sobre o matrimonio, a moral, a relixión, Pascal... Primeiro entre os tres, e despois entre Jean-Louis e Maud, unindo a partes iguais sinceridade e sedución.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "The 42nd Academy Awards (1970) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 2011-11-16. 
  2. "A miña noite con Maud na TVG". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 21 de novembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]