007: A espía que me amou
007: A espía que me amou | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Spy Who Loved Me |
Director | Lewis Gilbert |
Produtor | Albert R. Broccoli |
Guión | Christopher Wood Richard Maibaum |
Baseado en | James Bond de Ian Fleming |
Intérpretes | Roger Moore Barbara Bach Curd Jürgens |
Música | Marvin Hamlisch |
Fotografía | Claude Renoir |
Montaxe | John Glen |
Estudio | Eon Productions |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 7 de xullo de 1977 |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Acción |
Orzamento | $14 000 000 |
Recadación | $185 400 000 |
Na rede | |
http://www.mgm.com/view/Movie/1891/The-Spy-who-loved-Me/ | |
007: A espía que me amou (en inglés: The Spy Who Loved Me) é o décimo filme da franquía James Bond e o terceiro protagonizado por Roger Moore interpretando o axente 007. Barbara Bach e Curt Jürgens coprotagonizan o filme ó seu carón. Foi dirixido por Lewis Gilbert e o guión foi escrito por Christopher Wood e Richard Maibaum.
O filme toma o seu nome da novela de Ian Fleming The Spy Who Loved Me, o décimo libro das novelas e historias de James Bond, malia que moitos elementos do argumento da novela non aparecen no filme. A historia xira arredor da personaxe de Karl Stromberg, que quere destruír o mundo e crear unha nova civilización baixo o mar. Bond únese á axente rusa Anya Amasova para deter a Stromberg.
Foi rodado en Exipto (O Cairo e Luxor) e Italia (Costa Smeralda, Sardeña), e as escenas submarinas foron rodadas nas Bahamas (Nassau), e un novo plató construído nos Pinewood Studios foi construído para representar o interior do supertanque acuático. A espía que me amou foi ben recibida pola crítica. A banda sonora composta por Marvin Hamlisch tamén tivo un enorme éxito. O filme foi nomeado a tres Premios Oscar e foi reconvertido en novela en 1977 por Christopher Wood co título James Bond, The Spy Who Loved Me.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Roger Moore como James Bond 007
- Barbara Bach como Anya Amasova/Axent Triplo X
- Curd Jürgens como Karl Stromberg
- Richard Kiel como Jaws
- Caroline Munro como Naomi
- Walter Gotell como Xeneral Gogol
- Bernard Lee como M]
- Desmond Llewelyn como Q/Maior Boothroyd
- Lois Maxwell como Miss Moneypenny
- Geoffrey Keen como Frederick Gray
- Robert Brown como vicealmirante Hargreaves
- George Baker como Capitán Benson
- Michael Billington como Sergei Barsov
- Vernon Dobtcheff como Max Kalba
- Nadim Sawalha como Fekkesh
- Olga Bisera como Felicca
- Edward de Souza como Sheikh Hosein
- Shane Rimmer como Comandante Carter
- Bryan Marshall como Comandante Talbot
- Milton Reid como Sandor
- Sue Vanner como Log Cabin Girl
- Eva Reuber-Staier como Rubelvitch
- Marilyn Galsworthy como asistente de Stromberg
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 007: A espía que me amou na IMDb (en inglés).
- Filmes de 1977
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Lewis Gilbert
- Filmes ambientados na Unión Soviética
- Filmes de Pinewood Studios
- Filmes rodados en Malta
- Filmes rodados en Escocia
- Filmes rodados en Suíza
- Filmes rodados nas Bahamas
- Filmes de James Bond
- Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer
- Filmes de United Artists
- Filmes rodados en Exipto
- Filmes rodados en Sardeña
- Filmes ambientados en Exipto
- Filmes ambientados en Austria
- Filmes sobre armas e guerras nucleares
- Filmes de 1977 con versión en galego