Saltar ao contido

Árbore do paraíso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Árbore do paraíso

Detalle dunha póla a rosear
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Elaeagnaceae
Xénero: Elaeagnus
Especie: E. angustifolia
Nome binomial
Elaeagnus angustifolia
L.
Elaeagnus angustifolia.
Froitos da árbore do paraíso

A árbore do paraíso[1][2] (Elaeagnus angustifolia) é un arbusto ou unha árbore caducifolia da familia Eleagnaceae. Nativa do sueste de Europa e Asia Menor, comezou a se cultivar na Europa Occidental no século XVIII e en América do Norte a fins do século XIX.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Esta árbore pode acadar ata 10 m de altura. Ten follas estreitas, lanceoladas e abrancazadas e flores aromáticas. O froito é unha drupa amarela avermellada, semellante ao dátil, que serve de alimento a moitas especies de paxaros.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nomes comúns de árbore do paraíso ou oliveira do paraíso[Cómpre referencia] débense moi probabelmente a ser citada na Biblia coma unha árbore que se atopaba no Edén. Oliveira, porque as follas aseméllanse ás desta árbore.

Respecto do nome científico, semella que Carl von Linné o escolleu baseándose nas palabras gregas "eleia" (oliveira) e "agnos" (agnocasto ou árbore da castidade, unha planta que se asemella á árbore). Outras fontes aseguran que o nome deriva da mesma palabra grega "eleia" e a tamén grega "gennao" (enxendrar algo semellante), indicando deste xeito á súa semellanza coa oliveira.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

É orixinario de zonas secas a aridas de Asia occidental e central, desde o sur de Rusia e Kazakhstán até Turquía.

Unha das poboacións máis senlleiras é a presente en Valdemoro, no parque denominado "Bolitas del Airón", por ser o único arboredo espontáneo da Península Ibérica.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

A madeira é considerada de má calidade e sen valor comercial.

Empezou a cultivarse en 1736, en Alemaña. Actualmente, o seu cultivo está moi estendido en Europa central e meridional, polo seu uso ornamental e tamén polas súas flores recendentes e o seu froito comestíbel.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Elaeagnus angustifolia foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 121. 1753.[3]

sinonimia
  • Elaeagnus argentea Moench
  • Elaeagnus caspica (Sosn.) Grossh.
  • Elaeagnus dactyliformis Schltdl.
  • Elaeagnus erivanensis Fisch. ex Schltdl.
  • Elaeagnus hortensis M.Bieb.
  • Elaeagnus igda (Servett.) Tzvelev
  • Elaeagnus iliensis (Musch.) Musch.
  • Elaeagnus incana Lam.
  • Elaeagnus inermis Mill.
  • Elaeagnus litoralis (Servett.) Kozlowsk.
  • Elaeagnus longipes var. hortensis (M. Bieb.) Maxim.
  • Elaeagnus moorcroftii Wall. ex Schltdl.
  • Elaeagnus orientalis L.
  • Elaeagnus oxycarpa Schltdl.
  • Elaeagnus oxycarpa var. microcarpa (Servett.) Tzvelev
  • Elaeagnus songarica var. kozlovskajae Tzvelev
  • Elaeagnus songorica (Bernh. ex Schltdl.) Schltdl.
  • Elaeagnus spinosa L.
  • Elaeagnus tifliensis Vis.
  • Elaeagnus tomentosa Moench
  • Elaeagnus turcomanica Kozlowsk.[4]
  1. Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 1. A-B. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 375. ISBN 84-95335-45-X
  2. Termos esenciais de botánica, páx 23, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.
  3. "Árbore do paraíso". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 12 de xullo de 2012. 
  4. Árbore do paraíso en PlantList

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Flora of China Editorial Committee. 2007. Fl. China 13: 1–548. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.