Saltar ao contido

Populus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Álamo»)

Os chopos[1][2] ou álamos[2][3] son especies arbóreas pertencentes ao xénero Populus. O xénero comporta unhas 40 especies de árbores e arboriñas das zonas temperadas e frías setentrionais. Aparecen no Cretáceo Inferior, mais é no Terciario cando acadan unha ampla representación. Pertencen á familia das salicáceas. En Galicia non son moi comúns as especies bravas, atopando, porén, moitos exemplares de chopos negros ou lamigueiros e chopos brancos en parques e xardíns urbanos e reforestacións á beira dos regos para produción de madeira. Nalgúns lugares téñense mesmo naturalizado.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Nome científico

[editar | editar a fonte]

O nome do xénero: Populus, do que derivan a forma galega chopo, vén do latín: pōpŭlus, termo de orixe descoñecida, aínda que seguramente se refira ao pobo, evocando ás prazas públicas en tempos romanos, normalmente sombreadas con estas árbores[4].

Localización

[editar | editar a fonte]

Atópanse en todas as rexións temperadas do hemisferio norte de onde son oriúndas e nas do hemisferio sur como plantas introducidas. Actualmente a súa área de dispersión inclúe América do Norte e Asia central.

Os híbridos desta especie están moi estendidos, sobre todo orientada ao seu potencial produtor de madeira.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Árbores ou arboriñas, de follas simples, alternas e caedizas, habitualmente anchas e de bordos enteiros, aserrados, dentados, lobulados ou festoneados. As xemas áchanse cubertas por escamas. O pecíolo é longo e glanduloso, con frecuencia aparece comprimido lateralmente, o que confire gran mobilidade á folla.

O froito ten forma de cápsula, lampiño, dehiscente , de cor verdosa que se torna parda ao madurar. Ceiba numerosas sementes miúdas arrodeadas dunha especie de flocos de cotón.

Son especies de luz e de temperamento robusto. Adoitan amosar grande avidez pola auga, polo que é frecuente encontralos á beira de regueiros superficiais ou delatando cursos subterráneos. De crecemento rápido, poden acadar grandes talles. As necesidades en canto a nutrientes son elevadas.

Chopos en Galilea (A Rioxa- España).

* Populus sección Aegiros[5] – Chopos negros ou álamos negros América do Norte, Europa, Asia occidental; clima temperado

Follas de Populus lasiocarpa

Cultivado en lameiros e estacións húmidas de auga movida e rica en nutrientes, é aproveitado especialmente en España polo seu rápido crecemento (baixo liñas de mellora xenética); presenta fustes longos e rectos, e adoita plantarse en formacións regulares chamadas en castelán: choperas (formación de chopos).

A madeira é de boa calidade malia ser unha especie de crecemento rápido: en bos solos chega a medrar máis de 20 m3/ha/ano. Se se seguiu un bo itinerario silvícola a madeira destínase a mobles de baixa densidade, costeiros e chapa; mais o seu uso máis salientábel é o da industria do taboleiro contrachapado. Se presenta unha diminución de calidade notábel e non satisfai a demanda do contrachapado, destínase á industria de trituración depreciándose así o prezo por metro cúbico.

Tamén pode mencionarse o uso para caixas de madeira típicas da froita e como soporte de lenzos na pintura, como por exemplo na Mona Lisa.

Son tamén apreciados coma árbores de sombra en parques e paseos.

Son utilizados no sur da Arxentina como cortinas forestais cortaventos.[8]

Un dos usos máis interesantes das árbores pertencentes a este xénero é o seu uso en fitorremediación, tanto usando directamente a planta como a partir dela, conseguindo, mediante biotecnoloxía, replicar a súa capacidade para acumular xenobióticos noutras especies.[9]

Aromia moschata, un cerambícido que ataca os chopos brancos.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chopo.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Nome común do xénero en Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 908. ISBN 84-95335-46-8
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para álamo.
  4. http://lema.rae.es/drae/?val=chopo
  5. Nota: a forma de escribirse é controvertida; algunhas fontes usan Aegiros, outras usan Aigeiros
  6. Nome vulgar galego en Vocabulario forestal, Universidade de Santiago de Compostela/Deputación de Lugo, 2012
  7. Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  8. Dr. Pablo Peri. Universidad Nacional Patagonia Austral. http://www.inta.gov.ar/santacruz Arquivado 28 de novembro de 2011 en Wayback Machine.
  9. Víctor Campos: Fitorremediación de contaminantes persistentes: una aproximación biotecnológica utilizando chopo (Populus Spp.)como sistema modelo. Artigo de Pablo Lobato Villagrá en Ciencinante http://ciencinante.wordpress.com/2011/11/07/fitorremediacion

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]