A morte do rei Eduardo o Confesor en xaneiro de 1066, quen non tivo fillos, deu lugar a unha loita sucesoria entre varios aspirantes ó seu trono. Haroldo foi coroado rei pouco despois da morte de Eduardo, pero tivo que combater as invasións de Guillerme, do seu propio irmán Tostig e do rei norueguésHaraldo Hardrada. Hardrada e Tostig derrotaron a un exército inglés reunido de forma apresurada na batalla de Fulford o 20 de setembro de 1066, pero foron derrotados por Haroldo na batalla de Stamford Bridge cinco días despois. As mortes de Tostig e Hardrada nesta batalla deixaron a Guillerme coma o único opoñente de Haroldo. Mentres este e as súas forzas estaban a recuperarse da batalla de Stamford Bridge, Guillerme desembarcou a súa forza de invasión no sur de Inglaterra en Pevensey o 28 de setembro de 1066, e estableceu unha cabeza de praia para a súa conquista. Haroldo viuse obrigado a marchar rapidamente cara ó sur, reunindo o seu exército sobre a marcha.
Descoñécese o número exacto das forzas presentes na batalla. As estimacións modernas indican cifras de ó redor de 10 000 soldados de Guillerme e uns 7 000 de Haroldo. O exército inglés estaba composto na súa maioría de infantaría e tiña poucos arqueiros, mentres que só a metade a forza de invasión era infantaría, co resto dividido en partes iguais entre cabalaría e arqueiros. Haroldo tentou sorprender a Guillerme, pero os exploradores deste atoparon o exército de Haroldo e informaron da súa chegada a Guillerme, que marchou dende Hastings ata o campo de batalla para enfrontarse a Haroldo. A batalla durou dende as 9 am ata o anoitecer. Os primeiros esforzos dos invasores para rachar as liñas inglesas foron pouco efectivos. Os normandos pasaron entón a adoptar unha táctica que consistiu en simular unha fuxida por mor do pánico para posteriormente volver loitar cos seus perseguidores. A morte de Haroldo cara ó final da batalla deu lugar á retirada e derrota da maior parte do seu exército. Tras unha marcha posterior e unhas pequenas escaramuzas, Guillerme foi coroado rei o día de Nadal de 1066.
Manuel Blanco Romasanta, nado no Regueiro (Santa Olaia de Esgos, Esgos, Ourense) o 18 de novembro de 1809 e finado en Ceuta o 14 de decembro de 1863, foi o primeiro asasino en serie galego documentado, coñecido co alcume do lobishome de Allariz, ou o do unto. Ó ser detido en 1853, Romasanta admitiu ter cometido trece asasinatos, mais argüíu non ter responsabilidade porque o fixera baixo os efectos dunha maldición que o convertía nun lobo, recuperando a forma humana tralos asasinatos. Malia que esta súa defensa foi rexeitada no xuízo, a Raíña Isabel II conmutou a sentenza de morte pola de cadea perpetua para permitir ós doutores investigalo como un exemplo de licantropía clínica, se ben non consta que ningún médico o examinara con tal fin. O proceso xudicial tivo ampla repercusión na época e foi recollido en diferentes periódicos galegos, nacionais e estranxeiros. A causa consérvase no Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña) e está formada por 1878 folios. Foi dixitalizada polos irmáns Castro Vicente e existe unha Reseña da causa publicada polo seu avogado defensor Manuel Rúa Figueroa en 1859.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 151 829 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 274 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.