Saltar ao contido

corno

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «corno».
  • Pronuncia: /ˈkɔɾno̝/ (AFI)

Substantivo masculino

corno (sg: corno; pl: cornos)

Vaca cachena, caracterizada pola súa cornamenta.
Charonia lampas
  1. (Zooloxía) Apéndice duro, par, na cabeza dos ruminantes, formado sobre un soporte óseo sobre o óso frontal. Por extensión, substancia da que está feito o corno.
    • Sinónimos: corna, hasta.
    • Exemplo: Boi cativo en cornos crece.

  2. (Zooloxía) Por extensión, apéndice duro ou brando e de natureza variable, que teñen algúns animais na cabeza. Exemplos destes apéndices son os cornos do rinoceronte, os cornos dalgúns insectos, os cornos do caracol, etc.
    • Exemplo: Os cornos da vacaloura protexen contra o meigallo.

  3. (Zooloxía) Nome xenérico de certos moluscos gasterópodos coa cuncha en forma de corno, nomeadamente o Charonia lampas (que ten unha cuncha de ata 25 cm de lonxitude).
  4. Cuncha deste molusco que se fura pola punta e se utiliza como buguina.
  5. (Botánica) Xaro (Arum italicum), planta que ten unhas flores grandes e en forma de corno ou funil.
  6. (Zooloxía) Antena dos crustáceos, cando son grandes como no caso da lagosta ou o lumbrigante.

Termos relacionados

Traducións


Portugués

Substantivo masculino

corno (sg: corno; pl: cornos)

  1. Corno.