Saltar ao contido

Wresat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wresat
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónAustralian Weapons Research Establishment (WRE)
Destino actualReentrado na atmosfera terrestre.[1]
Data de lanzamento29 de novembro de 1967, 4:49 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorRedstone Sparta[3][5]
Sitio de lanzamentoWoomera[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo da atmosfera superior.[3][6]
Decaemento10 de xaneiro de 1968[1]
NSSDC ID1967-118A
Masa45,0 kg[3]

Wresat foi un satélite artificial de Australia lanzado o 29 de novembro de 1967 mediante un foguete Redstone Sparta desde Woomera.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

Wresat foi construído pola Weapons Research Establishment australina en 11 meses e foi lanzado para estudar a atmosfera superior. Os instrumentos de a bordo estaban deseñados para estudar os raios ultravioleta e X do Sol e o seu efecto na atmosfera. Por simplicidade o satélite permaneceu acaroado á última etapa do seu foguete lanzador e funcionou durante as dúas semanas que aguantaron as súas baterías. Reentrou na atmosfera terrestre o 10 de xaneiro de 1968.[3][5][6]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "WRESAT" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Letter dated 1 December 1967 from the Permanent Representative of Australia addressed to the Secretary-General" (PDF) (67-28945). 5 de decembro de 1967: 1. Consultado o 6 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (27 de abril de 2016). "WRESAT" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Wresat 1" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Wresat" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Wresat" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]