Saltar ao contido

Women's Engineering Society

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elizabeth Donnelly, CEO de WES, con motivo da presentación dunha tuneladora que leva o nome da fundadora de WES, Rachel Parsons

A Women's Engineering Society (WES) é unha sociedade académica e profesional do Reino Unido e un organismo de networking para mulleres enxeñeiras, científicas e tecnólogas. Foi o primeiro organismo profesional creado por mulleres que traballaban en todas as áreas da enxeñería, anterior á Sociedade de Mulleres Enxeñeiras (SWE) nuns 30 anos.[1]

A sociedade formouse o 23 de xuño de 1919, despois da primeira guerra mundial, período no cal moitas mulleres asumiron funcións como enxeñeiras para substituír os homes que participaban na guerra.[2][3]Aínda que se considerou necesario incorporar ás mulleres á enxeñería para encher o baleiro deixado polos homes que se unían ás forzas armadas, o goberno, os empregadores e os sindicatos opoñíanse ao mantemento do seu emprego despois da guerra. A Lei de Restauración das Prácticas de Antes da Guerra de 1919 devolveulles aos soldados que regresaban da primeira guerra mundial os seus traballos de antes da guerra e supuxo que moitas mulleres xa non poderían traballar nos roles para os que foran empregadas durante a guerra.[4]

Isto levou a un grupo de sete mulleres, Lady Katharine Parsons, a súa filla Rachel Parsons, Lady Margaret Moir, Laura Annie Willson, Eleanor Shelley-Rolls, Janetta Mary Ornsby e Margaret Rowbotham a formar a Women's Engineering Society, co obxectivo de permitir que as mulleres obteñan capacitación, traballos e aceptación.[1][5][6][7] A primeira secretaria da Sociedade foi Caroline Haslett.[8]

As primeiros membros das décadas de 1920 e 1930 foron Verena Holmes, Hilda Lyon e Margaret Partridge.[1] A piloto e enxeñeira, Amy Johnson, que foi a primeira muller en voar en solitario do Reino Unido a Australia, foi membro do WES e exerceu como presidenta entre 1935 e 1937.[9] Un rexistro de membros de 1935 mostra que había persoas de todo o mundo, como os Estados Unidos de América, incluíndo a socióloga e enxeñeira industrial Lillian Gilbreth, e Alemaña, incluíndo Asta Hampe e Ilse Knot-ter Meer.[10]

A sociedade celebrou o seu 95 aniversario en 2014 co lanzamento do Día Internacional da Muller en Enxeñería o 23 de xuño de 2014.[11] Celebrou o seu centenario en 2019 coa posta en marcha do WES Centenary Trail, un proxecto para poñer en valor as historias de mulleres enxeñeiras.[12]

Presidentas

[editar | editar a fonte]

Membros históricos notables

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 Heald, Henrietta. (2020). Magnificent Women and Their Revolutionary Machines. Unbound. ISBN 978-1-78352-660-4. OCLC 1134535786. 
  2. Canel, Annie; Oldenziel, Ruth (2005). "Am I a Lady or an Engineer? The Origins of the Women's Engineering Society in Britain, 1918-1940". Crossing Boundaries, Building Bridges (en inglés). Routledge. ISBN 9781135286811. Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  3. Heald, Henrietta (2019). Magnificent women and their revolutionary machines. Londres. ISBN 978-1-78352-660-4. OCLC 1080083743. 
  4. "Changing role of women in wartime". BBC Bitesize: Domestic impact of war: society and culture. Consultado o 2020-06-24. 
  5. Women's Engineering Society. "The Woman Engineer" 1 (1): 1. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2021. 
  6. Gooday, Graeme (2019-08-07). "Who launched the Women's Engineering Society in 1919?" (en inglés). Consultado o 2020-06-24. 
  7. Koerner, Emily Rees (2020-06-16). "Why the Women's Engineering Society still has its work cut out after 100 years" (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-06-24. 
  8. "Archives Biographies: Dame Caroline Haslett" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2020. Consultado o 2020-06-24. 
  9. "History | Women's Engineering Society". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2019. Consultado o 2020-06-24. 
  10. Rees, Emily (2019-08-22). "Learning more from the archives: the Register of Women Engineers, 1935" (en inglés). Consultado o 2020-06-24. 
  11. "International Women in Engineering Day 2017". Women's Engineering Society. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  12. "WES Centenary Trail". 2020-03-04. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 27 de novembro de 2021.