Saltar ao contido

Wikipedia en quechua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikipedia en quechua
Logo da Wikipedia en quechua.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasQuechua
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamentoxaneiro de 2003
Na rede
https://qu.wikipedia.org/

A Wikipedia en quechua (en quechua: Qichwa Wikipidiya) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en quechua. Con máis de 22 000 artigos,[1] é a versión máis grande de Wikipedia nunha lingua indíxena de América.

Esta versión da enciclopedia contén 24.075 artigos e 31.425 usuarios, dos cales 42 son activos.[2]

Logo da súa fundación, o proxecto tardou algúns meses en avanzar. Até o mes de outubro de 2004[3] a única páxina foi a portada, que durante varios meses soamente contiña o texto estándar en inglés. Nos meses seguintes, uns poucos usuarios escribiron algúns bosquexos e unha páxina de axuda en castelán. O primeiro administrador do proxecto foi nomeado pola Fundación Wikimedia en xaneiro de 2005.[4] Este usuario elaborou algúns artigos e algunhas páxinas internas, mais até maio de 2006 houbo poucas edicións e a cantidade de usuarios quedou estancada.[3]

A finais de 2006, rexistrouse o primeiro usuario con coñecementos avanzados na lingua, AlimanRuna, que tamén é o webmaster dunha páxina en alemán sobre o quechua. A iniciativa deste usuario levou a un crecemento dos artigos e a creación das primeiras páxinas de ayuda. En decembro do mesmo ano, a versión superou os 1 000 artigos.[3]

En 2007, o número de usuarios duplicouse,[3] debido á maior calidade e estabilidade do proxecto, que dende ese intre conta cun número de participantes regulares pequeno mais estable. A finais de 2007 e comezos de 2008, AlimanRuna tamén traduciu a interface de usuario ao quechua no proxecto BetaWiki, razón pola cal hoxe todo o contido, agás as páxinas de conversa e algunhas páxinas de axuda para hispanofalantes, está traducido ao quechua.

En xaneiro de 2008, a Wikipedia en quechua contaba con máis de 350 usuarios rexistrados, dos cales 33 eran activos regularmente e arredor de 10 chegaban a máis de 100 edicións por mes. O 20 por cento dos artigos superaba os 2 kB, o 65 por cento os 0,5 kB, a media por artigo era de 1457 bytes, e había 11,5 edicións por artigo.[3]

En maio de 2020, contando daquela con máis de 22 mil artigos, a Wikipedia en quechua obtivo unha mención de honra na 1ra edición dos "Premios ao Activismo Quechua en Redes Sociais", iniciativa organizada por The Quechua Alliance, en colaboración co Programa de Quechua da Universidade de Pensilvania, a iniciativa Qinti da Universidade de Illinois e a Dirección de Linguas Indíxenas do Ministerio de Cultura do Perú.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]