Saltar ao contido

Vladimir Tatlin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVladimir Tatlin

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Владимир Татлин Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1885 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Khárkiv, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Morte31 de maio de 1953 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza infecciosa Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSheker (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónPenza Art School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, arquitectura, escultura e gravado Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París
Penza (pt) Traducir
San Petersburgo
Moscova
Berlín
Kíiv Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, deseñador, gravador, artista de assemblage, colaxista, escenógrafo, profesor universitario, ilustrador, arquitecto, escultor, debuxante arquitectónico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoVisão arquitetural (pt) Traducir, figura, nudez na arte, retrato e Natureza morta Editar o valor en Wikidata
MovementoConstrutivismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresDmytro Bezperchy (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosQ12154253 Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBandura (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosAnatoly Romov Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Татлин Владимир Евграфович)
Obálky knih,
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1000080 Find a Grave: 13688218 Editar o valor en Wikidata

Vladimir Evgrafovich Tatlin (en ruso: Владимир Евграфович Татлин), nado en Moscova [1] o 28 de decembro de 1885 e finado en Moscova o 31 de maio de 1953, foi un pintor e arquitecto soviético. Xunto con Kasimir Malevitch converteuse nunha das dúas figuras máis importantes do movemento artístico do Avant-garde soviética na década de 1920.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tatlin foi fillo dun enxeñeiro de raís ruso e unha poeta de orixe ucraína. Traballou como cadete nun barco mercante e pasou algún tempo no mar. A súa carreira artística comezou como pintor de iconas en Moscova, mentres asistía á Escola de Pintura, Escultura e Arquitectura de Moscova.

Tatlin gañou fama como o arquitecto que deseñou o xigantesco Monumento á Terceira Internacional, tamén coñecido como a Torre de Tatlin. Ideado no ano 1920, o monumento tiña que ser unha alta torre de metal, cristal e ferro a cal podería aloxar á Torre Eiffel de París no seu interior (era un terzo maior). Dentro da estrutura de ferro e metal xiratoria o deseño propoñía a construción de tres bloques de edificios, cubertos de fiestras de cristal, e poderían rotar segundo o tamaño unha vez ó día, ó mes ou ó ano. O seu alto orzamento fixo que Tatlin non puidese executa-lo proxecto.

Tatlin tamén fundou a arte construtivista que cuestionaba a antiga idea da pintura. Destacaron nesta arte Manuel Rendón Seminario, Joaquín Torres García, László Moholy-Nagy, Antoine Pevsner e Naum Gabo.

Aínda que eran grandes amigos cando comezaron as súas carreiras, Tatlin e Malevich diverxeron cando Malevich non se puxo de acordo co Construtivismo de Tatlin. Isto fixo que Malevich desenvolvese o seu programa Supremacista na cidade de Vitebsk, onde fundou unha escola chamada UNOVIS (Campións da nova arte). O Supremacismo viu a luz no ano 1915 na "0.10 exhibition", unha das exposicións máis importantes do Avant-garde ruso, tamén chamada "a exhibición dos últimos futuristas".

Tatlin tamén se dedicou ó estudo e deseño de roupa, obxectos etc. Ó final da súa vida comezou a estuda-lo voo dos paxaros, buscando un xeito de cumpri-lo soño da humanidade, poder voar.

Tatlin morreu o 31 de maio de 1953 e foi soterrado no Cemiterio Novodevichy, en Moscova.

  1. Lynton, Norbert (2009). Tatlin's Tower: Monument to Revolution. New Haven: Yale University Press. p. 1.