Saltar ao contido

Violencia sexual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pintada en Pontevedra

Violencia sexual é calquera acto sexual ou tentativa de obter un acto sexual por violencia ou coerción, actos de tráfico de persoas ou actos dirixidos contra a sexualidade dunha persoa, calquera que sexa a relación coa vítima.[1][2][3] Ocorre en tempos de paz e en contextos bélicos, é xeneralizada e é considerada como unha das violacións dos dereitos humanos máis común, omnipresente e traumática.[4][5]

A violencia sexual é un problema de saúde pública grave e ten un impacto profundo na saúde física e mental a curto ou a longo prazo, cun maior risco de problemas na saúde sexual e reprodutiva, cun risco maior de suicidios ou infección de HIV.[6] Tamén se cualifican como violencia sexual os asasinatos que ocorren durante unha agresión sexual ou a consecuencia delas como é no caso dos crimes de honra. Aínda que as mulleres e as mozas a sofren en maior proporción,[5] a violencia sexual pode ocorrerlle a calquera en calquera idade e é un acto de violencia que pode ser perpetrado por persoas proxenitoras, coidadoras, por persoas coñecidas e descoñecidas, así como polas parellas.[5] É raramente un crime pasional, e é máis ben un acto agresivo que frecuentemente procura demostrar poder e dominio sobre a vítima.

A violencia sexual continúa a estar moi estigmatizada en todos os contextos, polo que o nivel de denuncias varía entre rexións. En xeral, é un fenómeno pouco rexistrado, polo que os datos dispoñíbeis tenden a subestimar a súa dimensión. Ademais, a violencia sexual é tamén unha área descoidada pola investigación, así entender máis afondo o problema é imperativo para promover un movemento coordinado contra el. A violencia sexual doméstica distínguese da violencia sexual relacionada co conflito.[7] A miúdo, as persoas que coercen as persoas coas que están casadas cren que as súas accións son lexítimas polo vínculo matrimonial. En tempo de conflito, a violencia sexual adoita ser unha repercusión inevitábel da guerra atrapada nun ciclo continuo de impunidade.[8][9] A violación de mulleres e dos homes é a miúdo utilizada como método de guerra (violación de guerra), como forma de atacar o inimigo, simbolizando a conquista e degradación das súas mulleres ou homes ou das persoas combatentes.[10] Aínda que estea fortemente prohibida polo dereito internacional de dereitos humanos, polo dereito consuetudinario e polo dereito internacional humanitario, os mecanismos de aplicación son aínda fráxiles ou incluso inexistentes en moitos recunchos do mundo.[4][5][11][12]

Desde unha perspectiva histórica, a violencia sexual considerábase como algo que tan só lles ocorría ás mulleres e como algo común e normal tanto en tempos de guerra como de paz desde os antigos gregos até o século XX. Isto conduciu á ignorancia de calquera dato de cales eran os métodos, obxectivos e magnitude desta violencia. Houbo que esperar a finais do século XX para que a violencia sexual deixase de se considerar unha cuestión menor e fose gradualmente criminalizada.

Violencia Sexual no Ocio nocturno

[editar | editar a fonte]

As contornas de vida nocturna poden proporcionar un espazo seguro para que as persoas socialicen e se divirtan. Porén, tamén son contornas clave para a participación en condutas de risco (por exemplo, consumo excesivo de alcol, uso de drogas ilegais ) e danos, incluída a violencia sexual, que se produce especialmente entre a xuventude, afectando sobre todo ás mulleres.

Factores asociados

[editar | editar a fonte]

Varios estudos tratan de identificar cales son os factores individuais e colectivos que contribúen a que se produza violencia sexual nesas contornas [13].

Nivel Individual
[editar | editar a fonte]

Diversos estudos examinaron a relación entre a idade e o xénero e a violencia sexual. A literatura consultada sinala que as mulleres teñen unha maior probabilidade de seren vítimas de violencia sexual no ocio nocturno fronte aos homes, que teñen máis probabilidades de seren os que a cometen [14][15] . Así mesmo, os estudos indican que existe unha forte relación entre o consumo de substancias (alcol e drogas) e a implicación en actos de violencia sexual no lecer nocturno[13][16] . Cómpre sinalar que as investigacións consultadas indican que este tipo de actos están a suceder a idades cada vez máis temperás[17][18][19].

Nivel de Relación
[editar | editar a fonte]

Descubriuse que as persoas teñen un maior risco de sufriren unha agresión sexual nunha noite de festa se entre as persoas do grupo co que adoitan saír, algunha delas é vítima de violencia sexual. Tamén aumenta o risco cando os niveis de intoxicación no grupo son máis altos.[13]

O nivel social das persoas que conforman o grupo tamén ten relación coa experiencia de violencia sexual.[20][21] En concreto, un estudo atopou que un status social máis baixo no grupo asociouse cun maior risco de ser vítima de agresión sexual entre as mulleres que consumiran cinco ou máis bebidas alcólicas.[20]

Nivel Comunitario
[editar | editar a fonte]

Os lugares de reunión tamén se asociaron coa prevalencia de violencia sexual durante unha saída nocturna. Deste xeito, os niveis máis altos de violencia sexual, a nivel de comunidade, estaban asociados coa densidade de puntos de venda de alcol con licenza (bares, pubs e clubs nocturnos)[13].

Estudos Realizados en España

[editar | editar a fonte]

Ir a bares ou discotecas situase como a terceira actividade máis realizada pola mocidade española, por detrás de escoitar música e ver a televisión ou series en plataformas, segundo a enquisa do Instituto da Xuventude de 2021 [22].

A Universidade de Málaga realizou dous estudos no 2019 [23] e no 2022[24] acerca das diferenzas de xénero no lecer nocturno.

Estes estudos indican que o 90,1 % das mulleres entrevistadas aseguran que cando saen de festa lles preocupa o risco de sufrir un episodio de violencia sexual. En cambio, ao 70 % dos homes non lles preocupa isto en absoluto[24]. Á súa vez, O 88,7 % das persoas participantes indicaron que o ideal nunha noite de festa era pasalo ben. Así mesmo, profundando na actividade coa que a mocidade desfruta, o 70 % das mulleres indicou que se divirte bailando, mentres que o 86,9 % dos homes sinalou o consumo de alcol e outras substancias como a actividade máis salientable do seu lecer nocturno. Deste xeito, pódese observar que dentro do ocio nocturno existen dúas actividades cun marcado compoñente de xénero [23]. As persoas enquisadas sinalan que a imaxe dun home ebrio está máis normalizada que a dunha muller, segundo o 73,08 % dos entrevistados, dos cales o 81,3% son mulleres e os 64,3% homes[24]. En canto ás agresións sexuais, o 73,6 % das persoas apunta que emborrachar a alguén é unha submisión química. Os resultados destes estudos indican que o 20% dos entrevistados asegura que coñece a algunha persoa á que drogaron para abusar dela sexualmente. Ademais, o 10,1 % mantén que algunha vez alguén verteu na súa bebida algunha substancia para tentar manipulalos[24]. Nesta mesma liña, o 39,0 % das mulleres indica ter presenciado algunha vez un acurralamento mentres desfrutaba do lecer nocturno; e o 35,2 % dos homes coincide en telos presenciado nalgunha ocasión. Atendendo ós tocamentos non consentidos o 40 % das mulleres e o 38,9 % sinalan telos visto nalgunha ocasión[23]. Por último, o 73,5 % destes mozos manteñen que os pubs, bares, discotecas, feiras ou festivais non son espazos igualitarios para as mulleres e os homes[24].

Prevención e Resposta

[editar | editar a fonte]
Xestión de riscos a nivel individual
[editar | editar a fonte]

Descricións de estratexias individuais para reducir os riscos de violencia sexual relacionada coa vida nocturna (por exemplo, limitar o consumo de alcol, vixiar as bebidas, non volver soa para a casa). Malia que as estratexias de seguridade individual seguen a ser a práctica máis común, os consellos de prevención que se centran en cambiar aspectos do comportamento das vítimas poden reforzar a noción de que elas son as responsables de ser vitimizadas[25]

Programas para espectadores
[editar | editar a fonte]

Deseñar estratexias para que o persoal do pub, bar, discoteca sexa quen de intervir e evitar un caso de violencia sexual. Latané & Darley [26] suxeriron que para que os espectadores se comprometeran a axudar nunha situación crítica, deben pasar por cinco etapas (notar o evento, interpretalo como unha emerxencia, tomar a responsabilidade persoal de intervir, decidir como actuar e actuar). Máis en concreto, en Londres hai posta en marcha unha campaña baixo o nome “Ask for Angela”. Deste xeito, no caso de que unha muller se sinta incómoda só ten que se acercar a unha persoa que traballe nese pub e preguntar por Ángela. Nese intre, o persoal pon en marcha un dispositivo para axudala a saír do pub discretamente.

Campañas de sensibilización nos medios de comunicación
[editar | editar a fonte]

O estudo realizado por Gunby [27] informa de que a imaxe sexualizada das contornas de vida nocturna, incluída nos anuncios de alcol , entra en conflito co propósito de prevención da violencia sexual en contornas de vida nocturna.

Cambios lexislativos
[editar | editar a fonte]

Controlar a densidade de puntos de venda, os prezos do alcol e a xestión das contornas de consumo) inflúe nos niveis de violencia sexual. En particular, en Inglaterra atopouse que as zonas de ocio nocturno con políticas máis estritas nas licenzas para o consumo de alcol teñan descensos significativos nas taxas de delitos violentos, delitos sexuais e delitos contra a orde pública [28].

  1. World Health Organization., World report on violence and health (Geneva: World Health Organization, 2002), Chapter 6, pp. 149.
  2. [Elements of Crimes, Article 7(1)(g)-6 Crimes against humanity of sexual violence, elements 1. Accessed through "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2015. Consultado o 2015-10-19. ]
  3. McDougall 1998, para. 21.
  4. 4,0 4,1 Lindsey 2001, pp. 57–61.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Advancement of women: ICRC statement to the United Nations, 2013". 2013-10-16. Consultado o 28 de novembro de 2013. 
  6. Holmes MM et al. Rape-related pregnancy: estimates and descriptive characteristics from a national sample of women. American Journal of Obstetrics and Gynecology, 1996, 175:320–324.
  7. [Human Security Report (2012), Sexual Violence, Education and War: Beyond the mainstream narrative, Human Security Research Group, Simon Fraser University, Canada, Human Security Press]
  8. International Committee of the Red Cross (2008). Women and War. Geneva: ICRC. p. 12. 
  9. OCHA 2007, pp. 57–75.
  10. Swiss S et al. Violence against women during the Liberian civil conflict. Journal of the American Medical Association, 1998, 279:625–629.
  11. Physicians for Human Rights (2002). War-related sexual violence in Sierra Leone : a population-based assessment : a report. Boston, MA: Physicians for Human Rights. ISBN 978-1-879707-37-5. 
  12. OCHA 2007.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Quigg, Zara; Bigland, Charlotte; Hughes, Karen; Duch, Mariangels; Juan, Montse (2020-03-01). "Sexual violence and nightlife: A systematic literature review". Aggression and Violent Behavior 51: 101363. ISSN 1359-1789. doi:10.1016/j.avb.2020.101363. 
  14. Fung, Elizabeth C.; Santos, Mariana G. R.; Sanchez, Zila M.; Surkan, Pamela J. (2021-04). "Personal and Venue Characteristics Associated With the Practice of Physical and Sexual Aggression in Brazilian Nightclubs". Journal of Interpersonal Violence (en inglés) 36 (7-8): NP3765–NP3785. ISSN 0886-2605. doi:10.1177/0886260518780783. 
  15. Hughes, Karen; Anderson, Zara; Morleo, Michela; Bellis, Mark A. (2008-01). "Alcohol, nightlife and violence: the relative contributions of drinking before and during nights out to negative health and criminal justice outcomes". Addiction (en inglés) 103 (1): 60–65. ISSN 0965-2140. doi:10.1111/j.1360-0443.2007.02030.x. 
  16. Schnitzer, Susanne; Bellis, Mark A.; Anderson, Zara; Hughes, Karen; Calafat, Amador; Juan, Montse; Kokkevi, Anna (2010-06). "Nightlife Violence: A Gender-Specific View on Risk Factors for Violence in Nightlife Settings: A Cross-Sectional Study in Nine European Countries". Journal of Interpersonal Violence (en inglés) 25 (6): 1094–1112. ISSN 0886-2605. doi:10.1177/0886260509340549. 
  17. Parks, Kathleen A.; Zetes-Zanatta, Lisa M. (1999). "Women's bar-related victimization: Refining and testing a conceptual model". Aggressive Behavior (en inglés) 25 (5): 349–364. ISSN 0096-140X. doi:10.1002/(SICI)1098-2337(1999)25:5<349::AID-AB3>3.0.CO;2-O. 
  18. Sanchez, Zila M.; Santos, Mariana Guedes Ribeiro; Sanudo, Adriana; Carlini, Claudia M.; Martins, Silvia S. (2019-02-01). "Sexual Aggression in Brazilian Nightclubs: Associations with Patron’s Characteristics, Drug Use, and Environmental Factors". Archives of Sexual Behavior (en inglés) 48 (2): 609–618. ISSN 1573-2800. doi:10.1007/s10508-018-1322-4. 
  19. Thompson, Edward H.; Cracco, Elizabeth J. (2008-01-01). "Sexual Aggression in Bars: What College Men Can Normalize". The Journal of Men's Studies 16 (1): 82–96. ISSN 1060-8265. doi:10.3149/jms.1601.82. 
  20. 20,0 20,1 Graham, Kathryn; Bernards, Sharon; Abbey, Antonia; Dumas, Tara; Wells, Samantha (2014-07). "Young women's risk of sexual aggression in bars: The roles of intoxication and peer social status". Drug and Alcohol Review (en inglés) 33 (4): 393–400. ISSN 0959-5236. doi:10.1111/dar.12153. 
  21. Miller, Brenda A.; Bourdeau, Beth; Johnson, Mark; Voas, Robert (2015-05-01). "Experiencing Aggression in Clubs: Social Group and Individual Level Predictors". Prevention Science (en inglés) 16 (4): 527–537. ISSN 1573-6695. PMC PMC4295933 |pmc= incorrecto (Axuda). PMID 24838821. doi:10.1007/s11121-014-0494-y. 
  22. injuve.es/sites/default/files/adjuntos/2021/03/informejuventudespana2020.pdf "Informe juventud en España 2020" |url= incorrecto (Axuda) (PDF). 
  23. 23,0 23,1 23,2 Olivares Álvarez, Sara (2020). "Análisis de violencia sexual en el ocio nocturno. Analysis of sexual violence at night leisure". Interacción y Perspectiva Revista de Trabajo Social 10 (2): 156–164. ISSN 2244-808X. 
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 Quijada, Rafael Arredondo (2022). "Ocio nocturno: Sumisión química y agresiones sexuales". Trabajo Social UNAM (en castelán) (31): 142–156. ISSN 2007-5987. doi:10.22201/ents.20075987p.2022.31.86750. 
  25. Cherniawsky, Sydney; Morrison, Melanie (2022-01). "“You Should Have Known Better”: The Social Ramifications of Victimization-Focused Sexual Assault Prevention Tips". Journal of Interpersonal Violence (en inglés) 37 (1-2): NP125–NP146. ISSN 0886-2605. doi:10.1177/0886260520913650. 
  26. Latané, Bibb; Darley, John M. (1970). The unresponsive bystander : why doesn't he help?. Appleton-Century Crofts. ISBN 978-0390540935. 
  27. Gunby, Clare; Carline, Anna; Taylor, Stuart (2017-12). "Location, libation and leisure: An examination of the use of licensed venues to help challenge sexual violence". Crime, Media, Culture: An International Journal (en inglés) 13 (3): 315–333. ISSN 1741-6590. doi:10.1177/1741659016651751. 
  28. Vocht, F. De; Heron, J.; Campbell, R.; Egan, M.; Mooney, J. D.; Angus, C.; Brennan, A.; Hickman, M. (2017-02-01). "Testing the impact of local alcohol licencing policies on reported crime rates in England". J Epidemiol Community Health (en inglés) 71 (2): 137–145. ISSN 0143-005X. PMC PMC5284476 |pmc= incorrecto (Axuda). PMID 27514936. doi:10.1136/jech-2016-207753. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.