Saltar ao contido

Villacarriedo

Modelo:Xeografía políticaVillacarriedo
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°13′46″N 3°48′33″O / 43.229444444444, -3.8091666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
CapitalVillacarriedo Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.674 (2023) Editar o valor en Wikidata (32,99 hab./km²)
Xeografía
Superficie50,74 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude211 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Villacarriedo (en) Traducir Editar o valor en WikidataÁngel Sainz Ruiz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39640 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39098 Editar o valor en Wikidata

Sitio webaytovillacarriedo.org:80 Editar o valor en Wikidata

Villacarriedo, en montañés Villacarrieu,[1] é un concello da comunidade autónoma de Cantabria. Limita polo norte con Saro e Villafufre, polo sur con Vega de Pas e Selaya, polo oeste con Santiurde de Toranzo e polo leste con San Roque de Riomiera. Encóntrase na comarca do Pas-Miera e polas súas terras atravesa o río Pisueña, principal afluente do río Pas.

Localidades

[editar | editar a fonte]

Os seus 1.765 habitantes (Instituto Cántabro de Estadística 2009) distribúense por:

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O edificio máis destacado do municipio é o Palacio de Soñanes, ben de interese cultural con categoría de monumento desde 1981. Trátase da construción civil máis suntuosa da arquitectura barroca cántabra. Construíuse entre 1719 e 1724, a instancias de Juan Antonio Díaz de Arce y Pérez del Camino. A tradición atribúelle o deseño ao arquitecto italiano Cossimo Fontanelli, coñecido por Díaz de Arce durante a súa estancia en Roma e de quen serían os planos logo interpretados polos canteiros da rexión. Mais a investigación actual tende a atribuírlle as trazas ao arquitecto Francisco de la Riva Ladrón de Guevara, natural de Galizano (Ribamontán al Mar), mestre maior da catedral de Oviedo. O mestre canteiro que dirixiu a construción foi Simón de Arce Muñoz, de quen só se lle coñecen outras intervencións en obras relixiosas en Selaya e Tezanos.

Palacio de Soñanes.

O Palacio de Soñanes mestura formas de moi diversas orixes, a través dunha particular interpretación das ordes clásicas (dórica, xónica e corintia) e con claras referencias platerescas. Presenta forma de cubo, ten tres pisos de altura e o seu interior está ocupado por completo por unha monumental escaleira de dous tiros que se corresponden coas dúas fachadas principais. Estas presentan unha gran riqueza ornamental, con abundancia de pilastras e columnas exentas corintias, fustes estriados, salomónicos e abalaustrados, frisos adornados con follas e caleados, frontóns enteiros ou partidos sostidos por columnillas retorcidas, modillóns, acroterios, gárgolas e pináculos. Entre as numerosas pezas heráldicas existentes no palacio destaca a situada na fachada leste, un escudo timbrado con coroa sostida por amores e dous leóns enfrontados e coas armas de Díaz de Arce y Pérez del Camino. Nos xardíns do palacio áchanse varias das árbores singulares de Cantabria.

Outro edificio destacado é o Muíño de Santibáñez, no río Junquera.

O Colexio dos Padres Escolapios, situado no núcleo de Villacarriedo, a carón do Palacio de Soñanes, foi fundado por Antonio Gutiérrez de la Huerta Güemes, administrador das Aduanas de Cádiz, que manifestou no seu testamento, datado en 1736, a súa intención de crear un colexio de Escolas Pías en Villacarriedo, cunha igrexa, baixo a advocación de San Antonio, a onde se trasladarían os seus restos. O colexio está construído en pedra de cantería e posúe amplos ventanais, con reminiscencias de estilo clásico. A igrexa presenta unha nave con capelas nos laterais comunicadas entre si, sobre as cales sitúanse balcóns a modo de tribunas e diante da nave, o transepto que dá acceso a unha ampla sancristía con decoración de arquitecturas finxidas. Cobre a nave unha bóveda de calón con lunetos con xeserías e o cruceiro cunha cúpula sobre cunchas. Presenta unha fachada de dobres pilastras caxeadas de orde xigante rematada cun frontón curvo. Atribúeselle a traza da igrexa a un coñecedor do clasicismo valisoletano. No seu interior conta cun conxunto de retablos churriguerescos do século XVIII, que orixinalmente pertencían á capela do palacio de Elsedo, en Pámanes, e que foron trasladados aquí en 1946. Trátase dun retablo maior e dous colaterais, o maior dátase de sobre 1715, e responde ao modelo churrigueresco, en concreto remite ao retablo maior trazado por Joaquín de Churriguera para Santiago en Medina de Rioseco. Os laterais seguen a tipoloxía marcada polo maior. Os tres teñen columnas de terzo de talla co fuste estriado en dous dos seus terzos, todo el decorado con trapos colgantes, froitos e cabezas de serafíns. Neste colexio estudaron ilustres personaxes como Augusto González de Linares, Marcelino Botín, o poeta León Felipe e o futbolista Carlos Alonso González "Santillana".

Entre as construcións a destacar inclúese tamén unha situada no barrio de Cimalavía, de Bárcena de Carriedo, que posúe unha ampla portaleda, xardín e dous escudos. No barrio da Vía, no mesmo núcleo, hai outra cun grande escudo barroco coa inscrición "Esta obra hizo don Ángel Gutiérrez del Cubil. Año de 1731". En Tezanos está a casa da familia Gutiérrez de Pando, cuxo escudo de armas adorna a fachada, e a da familia Arce, no barrio de Riba, co brasón de Riba y Arce. Ao soar desta familia pertence a ermida de San Juan, do século XVII, situada fronte á vivenda. No barrio de El Corral, en Santibáñez, está a casa que pertenceu a Francisco Fernández Laso, cun arco de entrada e escudo coas súas armas tras a balconada. O brasón de Naveda y Castañeda, xunto a unha inscrición que di "Un buen morir dura toda la vida", pode verse noutra casona do mesmo pobo. Por último, na localidade de Aloños destaca a casa de Gaspar Bustillo de la Concha, cabaleiro de Santiago, coas armas de Bustillo y Ceballos, e outra coas armas de Ceballos-Velasco y Guazo-Bustillo. Ademais, en diversos lugares do concello poden verse rollos heráldicos, vestixios dos límites dos soares das principais familias da comarca. Por último sinalar como exemplo de arquitectura escolar das primeiras décadas do século XX, o colexio de Santibáñez fundado en 1927 por Francisco Pérez Venero e inaugurado por Primo de Rivera.

Vista de Villacarriedo.

A paisaxe que domina Villacarriedo está formada por praderías delimitadas por muros de pedra e salpicadas de cabanas de tipo pasiego. Son prados de sega que proporcionan sustento á abundante cabana gandeira do municipio. Ademais ten montañas alombadas, que sufriron unha deforestación debido ao uso dos seus bosques para a Real Fábrica de Canóns de La Cavada; para a fabricación de barcos en El Real Astillero de Guarnizo e por incendios para pastoreos. Non obstante, aínda existen importantes bosques autóctonos (carballo e faia), sendo destacable o Faial de Aloños. Da fauna protexida polo Catálogo Rexional de Especies Ameazadas de Cantabria podemos encontrar: cangrexo de río, alimoches, desmán ibérico, pícidos etc. Entre outra fauna, aparecen raposos, corzos, xabarís, voitres, lontras, garzas, becadas, cuco, picapeixe, melro acuático etc.

O municipio de Villacarriedo é atravesado de sur a norte polo río Pisueña. Este río forma, cando o río Pas e os seus principais afluentes, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Río Pas, declarado así pola presenza de especies como a lontra, o cangrexo de río, a troita ou o salmón e os bosques de ribeira.

É destacable "A Caxigona de Villacarriedo", carballo centenario de gran porte que se acha nunha das prazas da capital municipal e que está incluído no Catálogo Rexional de Árbores Singulares. Neste catálogo tamén están incluídos dous teixos e dúas magnolias presentes no Xardín do Palacio de Soñanes e a Caxiga de Bárcena de Carriedo.

Economía

[editar | editar a fonte]

Un 36,9 % da poboación emprégase no sector primario, un 15,1 % na construción, un 10,8 % na industria e un 37,2 % no sector terciario.

Administración

[editar | editar a fonte]

Ángel Sainz Ruiz (PRC) é o actual alcalde do concello (2010). As táboas seguintes expoñen os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PRC 831 64,12 % 7
PP 322 24,85 % 2
  • Alcalde electo: Ángel Sainz Ruiz (PRC).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PRC 833 61,98 % 6
PP 397 29,54 % 3
  • Alcalde electo: Ángel Sainz Ruiz (PRC).

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2005
2.417 2.563 2.502 2.613 2.774 2.463 2.485 2.354 2.224 2.097 1.758 1.699

Fonte: INE

  1. Topónimo recollido en cartas de mediados do XIX entre Fernando Fernández de Velasco e Manuel Cañete, entre París e Villacarriedo, publicadas no volume 33 da Antología de escritores y artistas montañeses (Librería Moderna de Santander, 1953).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]