Saltar ao contido

Vicepresidencia do Goberno de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vicepresidencia do Goberno de España
Escudo nacional
Titular
Carmen Calvo
Dende o 7 de xuño de 2018

TratamentoExcelentísima señora
ResidenciaResidencia particular
ÁmbitoReino de España
Designado porPresidente do Goberno de España
Nomeado porRei de España
DuraciónCatro anos, sen límite de mandatos
Primeiro titularAgustín Muñoz Grandes
Precedido porSoraya Sáenz de Santamaría
Salario73.486 €/ano
Sitio webwww.mpr.gob.es

A Vicepresidencia do Goberno de España é ostentada polo vicepresidente ou vicepresidenta, a segunda figura máis importante do Goberno español. Ademais, tamén é titular do Ministerio da Presidencia. É nomeado, a proposta do Presidente do Goberno, polo rei de España, ante o que presta xuramento ou promesa.

Funcións

[editar | editar a fonte]

Ao ser tamén titular do Ministerio da Presidencia, asume tamén estás funcións, sendo todas elas:[1]

  • Asesorar ao Presidente do Goberno.
  • A asistencia administrativa ao Consello de Ministros, presidir as Comisións Delegadas do Goberno e á Comisión Xeral de Secretarios de Estado e Subsecretarios.
  • O apoio ao presidente do Goberno, en particular, no exercicio das funcións relativas á preparación e seguimento do programa gobernamental. *A coordinación interministerial que lle encomenden as disposición vixentes, o Goberno ou o seu presidente.
  • A asistencia ao Goberno nas súas relacións coas Cortes Xerais.
  • A preparación, desenvolvemento e seguimento do programa lexislativo do Goberno e, en especial, da súa tramitación parlamentaria.
  • As funcións de apoio material, xestión económico-financeira, persoal e, en xeral, cantas outras que desa natureza precisen o presidente do Goberno e os órganos dependentes da Presidencia do Goberno.
  • O titular de Presidencia exerce tamén as funcións de secretario do Consello de Ministros.

Liña de sucesión

[editar | editar a fonte]

A pesar de que a Constitución non recolle unha liña de sucesión presidencial explícita, enténdese que é o Vicepresidente do Goberno quen, por dimisión, cesamento ou falecemento do Presidente, asume ese cargo. Con todo, segundo o artigo 101 do título IV da Constitución, segundo os motivos anteriores o Vicepresidente exercería o cargo ata a investidura do próximo Presidente.[2] É dicir, manteríase en funcións ata que un novo Presidente saíse da convocatoria de eleccións.

Vicepresidentes segundos e terceiros

[editar | editar a fonte]

En España, existe a posibilidade de que, se o Presidente do Goberno veo necesario, poida designar máis dun Vicepresidente, habendo nalgunhas lexislaturas segundo e terceiro. Ao Vicepresidente do Goberno coñéceselle tamén como Vicepresidente primeiro do Goberno de España.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]