Vasili Mishin
Nome orixinal | (ru) Василий Павлович Мишин |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de xaneiro de 1917 Byvalin, Rusia (en) |
Morte | 10 de outubro de 2001 (84 anos) Moscova, Rusia |
Lugar de sepultura | Cemitério Troyekurovskoye (pt) |
Residencia | Unión Soviética |
Educación | Instituto de Aviação de Moscou (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Rocket science (en) |
Ocupación | científico, enxeñeiro de deseño |
Empregador | Instituto de Aviação de Moscou (pt) |
Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мишин Василий Павлович) Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
Vasili Pavlovich Mishin (en ruso, Васи́лий Па́влович Ми́шин), nado o 18 de xaneiro de 1917 e finado o 10 de outubro de 2001, foi un enxeñeiro que traballou no programa espacial soviético.[1][2]
Biografía
[editar | editar a fonte]Mishin graduouse como enxeñeiro no Instituto de Aviación de Moscova en 1941. Comezou a súa carreira na enxeñaría astronáutica traballando no instituto de investigación NII-1, o primeiro instituto do mundo orientado á investigación sobre foguetes. Mishin formou parte do grupo de enxeñeiros do NII-1 que viaxou a Alemaña ao final da segunda guerra mundial para estudar os mísiles V-2 usados polos nazis e entrevistar aos enxeñeiros alemás que traballaron sobre eles. Foi en Alemaña onde fixo amizade con outro enxeñeiro do NII-1, Sergei Koroliov, que acabaría sendo o fundador do programa espacial soviético a través da formación da oficina de deseño OKB-1 en 1946 e da que Mishin sería director adxunto ao lado de Koroliov.[1][2]
Mishin supervisou e axudou a desenvolver varios mísiles e foguetes, entre eles o R-7, que acabaría sendo o foguete que enviaría ao Sputnik 1 ao espazo o 4 de outubro de 1957, o primeiro satélite artificial da Historia, e que acabaría dando lugar á familia de lanzadores orbitais Soiuz. A principios dos anos 1960 Mishin foi clave no desenvolvemento do foguete pesado N1, no que Koroliov basearía o a súa estratexia de programa lunar. Koroliov faleceu inesperadamente en 1966, co que Mishin quedou á fronte do proxecto, xa entón cheo de problemas técnicos e carente da financiamento adecuado. A pesar dos seus esforzos, tódalas probas co N1 finalizaron en fracaso. Sumado aos problemas iniciais coas primeiras cápsulas Soiuz, incluído o falecemento de catro cosmonautas, Mishin foi apartado do seu posto en 1974, sendo substituído por Valentin Glushko, que finalizou os esforzos por poñer un cosmonauta soviético na Lúa.[1][2]
Mishin adicouse a dar clases no Instituto de Aviación de Moscova. Finou o 10 de outubro de 2001, sendo enterrado no cemeterio Traekurovskoe en Moscova.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2023). "Mishin, Vasili Pavlovich" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Russian Space Web, ed. (2023). "PEOPLE: Mishin" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vasili Mishin |