Valentina Tereshkova
Valentina Vladimirovna Tereshkova (en ruso: Валентина Владимировна Терешкова), nada en Bolshoye Maslennikovo (oblast de Yaroslavl) o 6 de marzo de 1937, é unha excosmonauta, enxeñeira e política rusa. Foi a primeira muller da historia en permanecer en órbita no espazo exterior, a bordo do Vostok 6 o 16 de xuño de 1963.[1] Para iso, foi seleccionada entre máis de catrocentos aplicantes e cinco finalistas. Orbitou a Terra corenta e oito veces, e permanece a día de hoxe como a única muller en facer en solitario unha misión espacial.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois da escola, traballou en factorías téxtiles e estudou enxeñaría. Practicou o paracaidismo nun club local, facendo o seu primeiro salto con 22 anos, o 21 de maio de 1959. No ano 1961 foi secretaria do Komsomol (Liga Xove Comunista) e despois, membro do Partido Comunista da Unión Soviética. Para unirse ó corpo de cosmonautas, Tereshkova ingresou honorariamente nas Forzas Aéreas Soviéticas, tornándose polo tanto na primeira civil en voar ó espazo.[4] Despois da disolución do primeiro grupo de mulleres cosmonautas (Tatyana Kuznetsova, Valentina Ponomaryova, Irina Solovyova, Zhanna Yorkina e Tereshkova) en 1969, foi unha prominente afiliada do Partido Comunista da Unión Soviética, ocupando varios cargos políticos. Permaneceu activa despois do colapso da Unión Soviética e é vista na actualidade como unha heroína en Rusia e no mundo enteiro.
Casou en novembro de 1963 co tamén cosmonauta Andriian Grigorevich Nikolaev co que tivo unha filla, Elena Andrionova. Divorciáronse en 1982. O seu segundo marido, o ortopedista Iuli G. Shaposhnikov, faleceu en 1999.
- Actividade social
En 2011, foi elixida para a Duma Estatal de Rusia do partido Rusia Unida na lista rexional de Yaroslavl. Tereshkova, xunto con Elena Mizulina, Irina Yarovaya e Andrey Skoch [5][6][7], é membro dun grupo interfacial de deputados para a protección dos valores cristiáns; nesta calidade, apoiou a introdución de emendas á Constitución rusa, segundo as cales, "a ortodoxia é a base da identidade nacional e cultural de Rusia". Vicepresidente da Comisión de Estrutura Federal e Autonomía Local da Duma Estatal desde o 21 de decembro de 2011.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cosmonaut is Woman of the Century". BBC News - Europe. Consultado o 20 de febreiro de 2018.
- ↑ https://www.rt.com/news/379550-tereshkova-facts-80-anniversary
- ↑ https://www.theguardian.com/global-development-professionals-network/2017/mar/29/valentina-tereshkova-first-woman-in-space-people-waste-money-on-wars
- ↑ "Valentina Vladimirovna Tereshkova". Yaroslavl Region. 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2015. Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ Андрей Владимирович Скоч — депутат Госдумы, меценат и общественный деятель. (dp.ru)
- ↑ Скоч Андрей Владимирович — депутат Государственной думы Российской Федерации шести созывов. (stories-of-success.ru)
- ↑ Биография депутата и руководителя фонда «Поколение» Андрея Скоча (theperson.pro)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valentina Tereshkova |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Francesca Cavallo e Elena Favilli (2017). Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. Editorial: Destino Infantil y Juvenil ISBN 978-950-49-5870-3
- De Marchi, Vichi,. (2020). Ellas son de ciencias : Historias, pasiones y sueños de 15 científicas. Madrid: Ediciones del Laberinto. ISBN 978-84-1330-038-2
- Elas, levarónnos ao espazo. 2022 ISBN 978-84-8158-952-8
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |