Valentin Kataev
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Valentin Petrovich Kataev (en ruso Валентин Петрович Катаев), nado en Odesa (Ucraína) o 28 de xaneiro de 1897 e finado o 12 de abril de 1986, foi un escritor soviético.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xa de rapaz publicaba relatos en revistas literarias de Odesa e San Petersburgo, durante a primeira guerra mundial combateu como artilleiro nas frontes de guerra e actúa tamén como correspondente militar, logo da revolución de outubro tamén loitou na guerra civil en Ucraína. Deixou o Exército Vermello en 1920 e estableceuse como xornalista en Odesa, en 1922 marchou para Moscova e pouco despois entrou na redacción de Гудок (Gutok) e empezou a escribir relatos breves en 1916. A súa primeira novela popular foi Rastratchiki (1926; O desfalco), un conto picaresco de dous aventureiros na tradición de Nikolai Gógol. En 1928 represéntase a súa obra teatral, Kvadratura kruga (A cuadratura do círculo). Colaborador de Pravda, volveu ás frontes na segunda guerra mundial como correspondente de guerra.