Saltar ao contido

Usuario:Lameiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Usuario na Galipedia e en Commons

[editar | editar a fonte]
Este usuario posúe 1 conta de usuario na Wikipedia do xeito en que o permite a política.

Teño problemas co meu nome de usuario xa que hai un Lameiro brasileiro rexistrado en Commons, polo que non podo subir alí imaxes co meu nome. Iso obrigoume a rexistrarme alí como P.Lameiro e obrígame tamén a editar en Galipedia con Explorer e co meu nome, e acceder a Commons con Mozilla e co nome de P. Lameiro.

Isto, que non tería máis importancia que a tabarra de ir de ventá en ventá, complícase ás veces cando inadvertidamente abro a miña sesión de Commons en Explorer, porque a partir de entón as miñas edicións en Galipedia van tamén co nome de P. Lameiro.

En calquera caso, non se trata, xa que logo, de detentar dous nomes de usuario. Salvo esas ocasións nas que non me dou de conta (e que procuro evitar, como é lóxico), tódalas miñas edicións na Galipedia foron e serán como Lameiro; así como tódalas fotos que subo a Commons fareino como P.Lameiro.

Quería deixar explicado aquí esta nova versión do doutor Jekyll e mister Hyde, e evitar interpretacións erróneas.

Hai imaxes que valen máis que mil palabras

[editar | editar a fonte]
Reconfortante cafelito nun descanso dunha fría tarde en Sobrado
Mantemento
Mantemento de artigos
Total artigos: 216668
Limpar 0
Violacións dereitos autor 0
Investigacións orixinais 345
Consultas de borrado 0
Traducir 31
Traducións non revisadas 638
Artigos duplicados 163
Sen formato wiki 1018
Tarefas pendentes 166
Requiren revisión 102
Revisión ortográfica 167
Atención 1821
Requiren referencias 10991
Páxinas sen categorías 0
Infobox sen datos 449
En edición 18
Sen ligazóns internas 63
Sen interwikis 553
Ligazóns externas rotas 4353
Mover a wiki-irmáns 19
Títulos dubidosos 56
Inclúen curiosidades 0
Que requiren expansión 503
Artigos orfos 405
En progreso 12499
Artigos desactualizados 1111
Commonscat incorrecto 0
Categorías para mover 0
Erros de referencia 19
Referencias sen título 50
Sen coordenadas 15
Sencat Orfas Catsencat RD
E.modelos: MsencatMsenuso
26 novembro 2024 20:48 UTC actualizar
Mantemento de imaxes:
Total ficheiros: 36
Imaxes para borrar 0
Imaxes sen orixe 13
Lig. a ficheiros rotas e 2 5 e 0
Tarefas pendentes 11
E.: I.novasI.sencatI.senuso

Imaxes subidas a Galipedia ou a Commons

[editar | editar a fonte]

Gústame a fotografía e ben que me gustaría saber máis técnica (e contar con mellores medios). Levo subidas xa moitas fotografías, tantas que ás veces esquezo que xa están subidas e como localizalas para o seu uso na Galipedia. Por iso creo esta galería que me permitirá ter máis controlado todo este material.

Ferramentas

[editar | editar a fonte]

Cousas sobre imaxes e dereitos

[editar | editar a fonte]

Explicación de Elisardojm que merece ser conservada e lida de cando en vez:

  • Na Galipedia úsanse basicamente 3 licenzas, Dominio Público, CC-BY (Creative Commons Recoñecemento) e CC-BY-SA (Creative Commons Recoñecemento Compartir Igual).
    • As imaxes que se liberan no Dominio Público non reservan ningún dereito para o autor polo que os que as usen non teñen ningunha obriga con el. Iso si, non poden dicir que son obra súa nin apropiarse dos seus dereitos, o que si poden facer é obras derivadas e poñerlle a licenza que queiran, sempre e cando a modificación non sexa trivial.
    • As imaxes CC-BY obrigan ós que as usan a citar ó autor da obra e nada máis. Poden modificala e comercializala, sempre indicando a licenza orixinal e o autor. Se a modifican bastante poden publicala reservando os dereitos de autor da súa modificación, pero teñen que seguir indicando o nome do autor orixinal.
    • As imaxes CC-BY-SA obrigan ós que as usan a citar ó autor e ó mesmo tempo as obras derivadas que se creen dela deberán ter a mesma licenza CC-BY-SA.

Interesante: Cinco recursos prácticos sobre licencias Creative Commons

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Biblioteca

[editar | editar a fonte]

Correccións

[editar | editar a fonte]
Palabra incorrecta Palabra correcta Nº artigos Revisado
anque aínda que 44
condea, condear, condeado (e vars.) condena, condenar, condenado 63
dado dato (carecemos de datos) ¿?
defesa, defesas defensa 31+1
depois, dempois, dispois despois ¡945! + 4+14 26.09.12
desenrolo, desenrolar desenvolvemento, desenvolver >85
dicer dicir 53
direito, direita, direitos, direitamente dereito/directo 23+9+14+3
entanto en tanto (pero No entanto é correcto) ¿?
escea, esceas escena 80+28
excavar, excavado (e vars.) escavar, escavado 38
excavación, excavacións escavación, escavacións 58
faculdade/s facultade 52+13
financiera, financieras financeira 33
governo, governar, governador, governada goberno >22
imprensa prensa 42
incertidume incerteza 16
[Nova] Iorque Nova York 50
mistura, misturas mestura 114
misturar e vars. mesturar 48
movimento, s movemento 87+17
obxetivo/a/os/as obxectivo 46
ocidente, ocidental, ocidentais occidente 13+35+6
ordear e vars. ordenar 80
pelo polo (por+o) ¿?
perfeito, imperfeito (e vars.) perfecto, imperfecto 18
perto preto 200
planexar, planexado, etc planear 30
poda, podan poida, poidan >66
ponto punto ¿?
posui posúe 18
presencia, presencias presenza, presenzas 219+14
princípio principio ¿?
propriedade, propriedades propiedade 31
proveedor/es provedor 24
rádar radar 14
recebe, recebeu, redebía etc. recibir 98
recebido/a/os/as recibido 1+144+1+4
respeito respecto 52
somente, somentes só, soamente 51+40
sudafricano/a/os/as surafricano 18+49+16+7
sudoeste, suoeste, sur-oeste, sul-oeste suroeste 411+12+¿?+1
sureste, suleste, surleste, sur-leste sueste 164+24+123+¿?
tais tales 79
tra-lo, tra-la, tra-los, tra-las 104
vários varios ¿?
viciño/a/os/as veciño 48
xelo xeo 47
xerazón, xerazóns xeración 5

(1) Conta a lenda que un editor moi coidadoso, moi melindroso, leu e releu mil veces as probas de imprenta dun libro para asegurarse de que saía do prelo sen erro ningún. Por fin, deuse por satisfeito e rematou as correccións, mandando imprimir o libro coa seguinte lenda na última páxina: "Este libro non contén ningunha herrata". Refrán: cómpre ser máis humilde, Pedriño, que logo che veñen Elisardo ou Alejandro a baixarche os fumes.

Ríndome. O número de erros que se amorean en moitas das páxinas da Galipedia é abafador e esta lista é xa longa de máis (e iso que non inclúe outro tipo de erros -gramaticais, ligazóns, etc.-, que tamén os hai). Síntome desbordado e necesito abrir un paréntese para recuperar o meu tempo para outras tarefas que, agora, me apetecen máis, como escribir algo sobre o crismón de Quiroga, o baldaquino de Oseira, Laureano Prieto ou Prevención de riscos laborais, por exemplo, temas ós que hai tempo que lles teño ganas. Pecho as incorporacións a esta lista e xa volverei a corrixir con calma, con moita calma. Tempo haberá para simultanear os dous choios.

Categorías

[editar | editar a fonte]

Para pensar

[editar | editar a fonte]
  • Pica, canteiriño, pica,/ pica na pedra miúda,/ pica na muller allea/ que outro picará na túa.


Este usuario leva 17 anos, 9 meses e 2 días na Galipedia.
AS MIÑAS ACHEGAS NA WIKIPEDIA E COMMONS