Universidade de Xenebra
Universidade de Xenebra | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | universidade pública de investigación, editor de acceso aberto, universidade integral e organización ![]() | |||
Sede | Xenebra ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado federado | Suíza | |||
Cantóns | Cantón de Xenebra | |||
Cantonal capital of Switzerland (en) ![]() | Xenebra ![]() | |||
Enderezo | Rue de Candolle 5 ![]() | |||
Altitude | 386 m ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1559 e 1876 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Fundador | Jean Calvin ![]() | |||
Reitor | Audrey Leuba (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben cultural catalogado como de relevancia nacional en Suíza | ||||
Identificador | 2499 | |||
Membro de | ||||
Membro de
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | unige.ch ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Universidade de Xenebra (Université de Genève) é unha universidade pública suíza localizada en Xenebra. É membro do Grupo Coimbra, así como da Liga de Universidades de Investigación Europeas (LERU), da Asociación de Universidades Europeas AUE) e do International Forum of Public Universities (IFPU).
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouna Jean Calvin (Calvino) en 1559. Inicialmente foi un seminario teolóxico, onde tamén se ensinaba Dereito. Seguiu sendo marcadamente teolóxica durante o século XVII, cando comezaron a agregarse outras disciplinas, mentres se convertía nun centro para a Ilustración erudita.
En 1873 cesaron as súas connotacións relixiosas, co cal adquiriu o carácter secular. Hoxe desempeña un papel líder en moitos campos, e a súa localización en Xenebra dálle unha situación privilexiada para os estudos en asuntos diplomáticos e internacionais. Así mesmo, considérase como unha das universidades de vangarda en temas de investigación en Europa, pois ten realizado notábeis descubrimentos na área de Ciencias da Terra, e tamén en Xenética, entre outros campos.
Facultades
[editar | editar a fonte]A Universidade de Xenebra conta con 9 Facultades e Escolas Universitarias:
- Facultade de Ciencias
- Facultade de Medicina
- Facultade de Artes
- Facultade de Xurisprudencia
- Facultade de Teoloxía (protestante)
- Facultade de Filosofía e Educación
- Facultade de Tradución e Interpretación
- Escola de Xenebra para estudos económicos e administración
- Escola de Xenebra para estudos sociais
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Xenebra ![]() |