Universidade de Manchester
Universidade de Manchester | |
---|---|
Datos xerais | |
Fundación | Século XIX, refundada (fusión) en 2004 |
Datos actuais | |
Alumnos | Máis de 40.000 |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Manchester, en inglés University of Manchester, é unha universidade pública de Manchester, Inglaterra.
Historia
[editar | editar a fonte]A universidade formouse en 2004 ao unir a Universidade Victoria de Manchester (fundada en 1851) e a UMIST (fundada en 1824) e desde entón algúns dos edificios foron demolidos e construídos outros novos no seu lugar.
Os antigos edificios da UMIST están no campus de Sackville Street e os da antiga Universidade de Manchester no campus de Oxford Road. Hai un campus residencial máis ao sur no suburbio de Fallowfield. Os primeiros edificios da universidade datan de 1872 (oeste de Oxford Road) e foron ocupados polo Owens College en 1873. Desde a década de 1950 as instalacións para a ciencia e a tecnoloxía ocuparon unha zona ao leste de Oxford Road e a facultade de medicina trasladouse alí a principios dos anos 70.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Estudantes e persoal
[editar | editar a fonte]En 2007-08, tiña máis de 40.000 estudantes estudando 500 programas académicos, máis de 10.000 empregados e uns ingresos anuais de £ 637 millóns. É a maior universidade dun só campus do Reino Unido.
Facultades
[editar | editar a fonte]- Facultade de Bioloxía, Medicina e Saúde
- Facultade de Ciencias Médicas
- Facultade de Ciencias Biolóxicas
- Facultade de Ciencias da Saúde
- Facultade de Ciencias e Enxeñaría
- Escola de Enxeñaría
- Facultade de Ciencias Naturais
- Facultade de Humanidades
- Escola de Artes, Idiomas e Culturas
- Escola de Medio Ambiente, Educación e Desenvolvemento
- Facultade de Ciencias Sociais
- Alliance Manchester Business School
Institucións
[editar | editar a fonte]- Observatorio Jodrell Bank
- Galería de Arte Whitworth
- Museo de Manchester, creado en 1867, está situado en Oxford Road, entre os edificios de estilo neogótico da universidade. Contén preto de seis millóns de artigos procedentes de todos os continentes e serve tanto como recurso para a investigación e docencia académicas como como museo público rexional.
- Manchester University Press
- Contact Theatre
Biblioteca
[editar | editar a fonte]A John Rylands University Library é a biblioteca e o servizo de información da universidade. Formouse en xullo de 1972 a partir da fusión da biblioteca da Universidade Victoria de Manchester coa John Rylands Library.[1] [2] O 1 de outubro de 2004 uniuse á biblioteca do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía da Universidade de Manchester (UMIST) pola fusión das dúas universidades[3].
A biblioteca principal está no campus de Oxford Road da Universidade e as coleccións especiais están na Biblioteca John Rylands, Deansgate, no centro da cidade. A Biblioteca é unha National Research Library (un premio do Higher Education Funding Council for England ): a única no norte de Inglaterra[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guardian, The (London); Jul. 20, 1972
- ↑ Manchester Evening News; Jul. 19, 1972
- ↑ "Umist and Victoria - an impressive legacy". www.theguardian.com (en inglés). Consultado o 2022-07-10.
- ↑ "The JRUL". Google.co.uk (en inglés). Consultado o 2022-07-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Manchester |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.manchester.ac.uk/ - Páxina oficial da Universidade de Manchester