Universidade de Atenas
Aparencia
Universidade Nacional e Kapodistríaca de Atenas | |
---|---|
Latín: Universitas Atheniensis | |
Datos xerais | |
Localización | Zografo, Grecia |
Fundación | 3 de maio de 1837 |
Fundador | Otto de Grecia |
Datos actuais | |
Reitor | Meletios Dimopoulos |
Alumnos | 105.000 (2015) |
Xornal | To Kapodistriako |
Datos de contacto | |
Páxina web | uoa.gr |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Nacional e Kapodistríaca de Atenas (en grego antigo: Εθνικὸν καὶ Καποδιστριακόν Πανεπιστήμιον Ἀθηνῶν, Ethnikón kai Kapodistriakón Panepistímion Athinón), habitualmente coñecida como Universidade de Atenas, é unha universidade pública situada en Zografo, Atenas (Grecia). Funciona de forma ininterrompida desde a súa fundación en 1837, sendo a institución de educación superior máis antiga da Grecia moderna e a primeira universidade contemporánea do Mediterráneo Oriental. Actualmente é unha das universidades de Europa con maior número de alumnos, superando os 100.000.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "National and Kapodistrian University of Athens - Internal Evaluation Report 2015" (en grego). modip.uoa.gr. 2015-06-01. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2018. Consultado o 07 de setembro de 2018.