Universidade Federal do Sur
Universidade Federal do Sur Южный федеральный университет | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Localización | Rostov do Don Taganrog |
Fundación | 1915 |
Datos actuais | |
Reitor | Inna Shevchenko |
Datos de contacto | |
Páxina web | https://sfedu.ru/ |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Federal do Sur (ruso: Южный федеральный университет, Yuzhni federalni universitet) é unha universidade federal pública do Distrito Federal do Sur, en Rusia. Ten campus en Rostov do Don e en Taganrog.
Historia
[editar | editar a fonte]A Universidade Federal do Sur é a maior institución educativa e de investigación do óblast de Rostov.[1] Comezou a funcionar en Rostov no 1915 como unha filial da Universidade Imperial de Varsovia, cuxos empregados rusos foran evacuados ao estalar a primeira guerra mundial.[1][2] No momento da súa fundación, era a primeira institución de ensino superior de Rostov, e contaba con catro departamentos: historia e filosofía, medicina, física e matemáticas, e dereito.
Co colapso do imperio ruso, a entidade mudou o seu nome a Universidade do Don por decreto do goberno provisional, o 5 de maio do 1917. Durante a guerra civil rusa, a rexión estivo baixo o poder da coalición antisoviética do Movemento Branco e do Exército do Don de Alekséi Kaledin. Moitos dos traballadores refuxiados na universidade compartían os valores antisoviéticos, e parte do alumnado foi recrutada. Tras a conquista de Rostov por parte do Exército Vermello en xaneiro do 1920, a xerencia da universidade pasou a mans dos soviéticos. Nese mesmo ano, purgouse o centro de partidarios do bando inimigo.
No 1925, foi renomeada Universidade Estatal do Cáucaso Norte para reflectir o seu status como centro educativo no, por aquel entón, krai do Cáucaso Norte. No 1934, pasou a ser a Universidade Estatal de Rostov do Don e, no 1957, a Universidade Estatal de Rostov. En novembro do 2006, uniuse coa Academia Estatal de Arquitectura e Artes de Rostov, a Universidade Estatal Pedagóxica de Rostov e a Universidade Estatal de Radiotecnoloxía de Taganrog para formar a actual Universidade Federal do Sur.[2]
Centros
[editar | editar a fonte]
- Campus principal (antiga Universidade Estatal de Rostov)
- Facultade de Bioloxía e Ciencias do Solo
- Facultade de Química
- Facultade de Economía
- Facultade de Xeoloxía e Xeografía
- Facultade de Alta Tecnoloxía
- Centro de Enxeñaría Pezoeléctrica
- Facultade de Historia
- Facultade de Dereito
- Facultade de Matemáticas, Mecánica e Computación
- Facultade de Filoloxía e Xornalismo
- Facultade de Filosofía e Estudos Culturais
- Facultade de Psicoloxía
- Facultade de Física
- Facultade de Estudos Rexionais
- Facultade de Ciencia Social e Política
- Instituto de Relacións Económicas Internacionais
- Instituto Pedagóxico (antiga Universidade Pedagóxica de Rostov)
- Facultade de Lingüística e Filoloxía
- Facultade de Pedagoxía e Psicoloxía
- Facultade de Educación Física e Deporte
- Facultade de Economía, Administración e Estudos Legais
- Facultade de Ciencias Naturais
- Facultade de Tecnoloxía e Desenvolvemento
- Facultade de Artes Visuais
- Facultade de Matemáticas, Física e Computación
- Facultade de Educación Continuada e Estendida
- Facultade de Adestramento Avanzado e Desenvolvemento Profesional para Profesores
- Instituto de Taganrog de Tecnoloxía (TIT), antiga Universidade Estatal de Radiotecnoloxía de Taganrog
- Instituto de Arquitectura e Artes (antiga Academia Estatal de Arquitectura e Artes de Rostov)
Alumnado e profesorado
[editar | editar a fonte]Alumnado
[editar | editar a fonte]- Aleksander Burba (1918-1984), químico.
- Aleksandr Solzhenitsyn (1918-2008), escritor ruso.[2]
- Aleksander Ankvab (1952-), presidente de Abkhazia.
- Aleksandr Dziuba (1990-), tradutor e lingüista.[3]
Profesorado
[editar | editar a fonte]- Dmitri Ivanovski (1864-1920), botánico.
- Dmitri Mordujái-Voltovskói (1876-1952), matemático
- Sabina Spielrein (1885-1942) psicanalista.
- Iván Kornílov (1899-1953), xeneral soviético
- Vladímir Semiónov (1911-1922), diplomático soviético.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Университет". sfedu.ru. Consultado o 2024-02-10.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "About". sfedu.ru. Consultado o 2024-02-10.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2021-08-25). "Aleksandr Dziuba: "Moitas persoas dos antigos países soviéticos queren aprender galego"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2024-02-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en ruso)
- Sitio web do Instituto de Economía e Relacións Internacionais da Universidade (en inglés)
- Sitio web do Instituto de Tecnoloxía de Taganrog (en inglés)