Saltar ao contido

Unión de Nacións Suramericanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión de Nacións Suramericanas


Tipoorganización intergobernamental e organización rexional Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua castelá, lingua portuguesa, lingua neerlandesa e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Bandeira
Persoas e organizacións
Data
Fundación23 de maio de 2008 Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata
Paíssen valor Editar o valor en Wikidata
SedeQuito Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBunasursg.org Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: UNASURsg BNE: XX4740264 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]
Unión de Nacións Suramericanas
Unión de Nacións Suramericanas 2008

A Unión de Nacións Suramericanas (coñecida polo seu acrónimo UNASUR) é unha comunidade política e económica que integra os doce países independentes de América do Sur: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname, Uruguai e Venezuela.

A Secretaría Xeral do organismo ten sede permanente na cidade de Quito, Ecuador, aínda que temporalmente se sitúa en Brasilia, mentres que o Parlamento da Unión se localiza na cidade boliviana de Cochabamba[1]. A Unión de Nacións Suramericanas ten como obxectivo construír, de maneira participativa e consensuada, un espazo de integración e unión no cultural, social, económico e político entre os seus integrantes, utilizando o diálogo político, as políticas sociais, a educación, a enerxía, a infraestrutura, o financiamento e a conservación ambiental, entre outros, para eliminar a desigualdade socioeconómica, lograr a inclusión social, a participación cidadá e fortalecer a democracia.

O tratado constitutivo asinouse o 23 de maio de 2008 na cidade de Brasilia onde se estruturou e oficializou a Unión. Durante este cume, a presidenta de Chile, Michelle Bachelet, foi elixida presidenta pro tempore da organización por un período dun ano.

  1. "Unasur tendrá parlamento en Bolivia". opinion.com. 2008. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2009. Consultado o 25-05-08.