Tranvías del Ferrol
Coordenadas: 43°32′16″N 8°12′07″O / 43.53768, -8.20197
Tranvías del Ferrol S.A. | |
---|---|
Sede de Tranvías del Ferrol en Río do Pozo, Narón. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1 de novembro de 1922 |
Localización | Avda. dos Arrieiros, Polígono de Río do Pozo PARC. F6 F7 15578 Narón, A Coruña Galiza |
Persoas clave | Ubaldo Barcón Sandino |
Industria | Transporte de viaxeiros |
Na rede | |
http://www.tranviasdelferrol.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tranvías del Ferrol foi unha empresa ferrolá de viaxeiros que operou na cidade de Ferrol, en Narón e en Neda.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes da compañía están na solicitude de José Fernández Solórzano y Freire para explotar en 1904 un tranvía con motor eléctrico entre Ferrol e Santa María de Neda. Nos seus inicios a liña tiña 7 km dende a Estrada de Castela, na Porta Nova (Praza de España), e terminaba no Portazgo de Xuvia (Xuvia). En 1961 os autobuses pasaron a substituír os tranvías. As cores identificativas das súas unidades eran a branca e a azul mariña (inspirándose nas cores da bandeira de Ferrol), e co inicio do século XXI foron trocadas pola laranxa.
As súas cocheiras estaban en Freixeiro (Narón); pero nos inicios do século XXI foron vendidos os terreos nos que se situaban (para a construción de vivendas), sendo trasladadas a unha nave do polígono industrial Río do Pozo.
Cesou os seus servizos a noite do 31 de decembro de 2019.
Servizos
[editar | editar a fonte]As liñas de Tranvías del Ferrol deron servizo (primeiro con tranvías e logo con autobuses) a Ferrol, Narón e Neda.
Liña | Ruta |
---|---|
1-B | Residencia - Porto |
1-2 | Neda - Porto |
3 | Porto - Caranza - Residencia |
4 | Canido - A Graña |
7 | A Faísca - Correos |
9 | Caranza - Correos |