Traba, Laxe
Traba | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Traba. | |
Concello | Laxe[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°10′52″N 9°02′07″O / 43.181079, -9.035152 |
Poboación | 482 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Traba é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Laxe na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 482 habitantes (253 homes e 229 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo podería estar no substantivo latino tabula (táboa, referido neste caso á chaira cadrada onde se atopa a vila e onde houbo un castelo medieval)[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A liñaxe dos Traba, poderosa familia nobre do antigo Reino de Galiza, era orixinaria desta parroquia, onde existiu un castelo medieval[2].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santiago de Traba foi construída orixinalmente a finais do século XII, pero foi reformada posteriormente. Na fachada barroca con aspecto renacentista destacan as columnas salomónicas, a figura de Santiago Matamouros e a imaxe da Virxe na Ascensión, flanqueada por San Francisco, San Pedro e Adán e Eva.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de Santiago de Traba.
-
Santiago Matamouros na igrexa de Traba.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Traba
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Traba no concello de Laxe (A Coruña) | |
---|---|
Agravil | Boaño | A Cabanela | O Campo dos Bois | O Campodorreiro | O Canle | O Carballal | Cernado | A Costa | Cuíña | Os Foxiños | As Melgueiras | Mórdomo | Socasas | Tella | Tras do Río |
Parroquias de Laxe
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Laxe | |
---|---|
Laxe (Santa María) | Nande (San Simón) | Sarces (San Amedio) | Serantes (Santa María) | Soesto (Santo Estevo) | Traba (Santiago) |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Parroquia de Traba de Laxe. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2000.