Tortoise
Tortoise | |
---|---|
Orixe | Chicago, Illinois, |
Período | 1990 - actualidade |
Xénero(s) | post-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Thrill Jockey |
Membros | Dan Bitney Doug McCombs Jeff Parker John Herndon John McEntire |
Antigos membros | Bundy K. Brown David Pajo |
Artistas relacionados | Bastro, The Sea And Cake, Bonnie "Prince" Billy, Eleventh Dream Day, Poster Children, Slint, The For Carnation, Brokeback, Isotope 217, Zwan, Beck |
Na rede | |
páxina oficial | |
Tortoise é unha banda estadounidense de post-rock, formada en Chicago (Illinois) no ano 1990. O grupo leva publicados seis álbums de estudio, todos eles lanzados a través da discográfica independente Thrill Jockey Records.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]A finais dos anos 80 xorde o proxecto por parte de Doug McCombs e John Herndon, que crearon unha sección rítmica freelance (autónoma, no sentido laboral do termo), como os músicos de reggae Sly and Robbie. Esa idea nunca viu a luz, pero o seu interese en ritmos con groove e en trucos de estudio levounos a unirse con John McEntire e Bundy K. Brown, procedentes da formación de Bastro, e posteriormente con Dan Bitney. McEntire axiña se converteu no líder da banda cara aos medios de comunicación, se ben a única diferenza era que el era o enxeñeiro de gravación e o realizador das mesturas musicais.
O seu primeiro sinxelo editouse en 1993, e en 1994 editaron o primeiro álbum. Basicamente instrumental e cheo de medios tempos, Tortoise lentamente gañou recoñecemento e atención, debido en parte á infrecuente instrumentación (dous baixos, tres percusionistas con baterías, vibráfonos e marimbas). Un disco de remesturas foi editado despois, Rhythms, Resolutions and Clusters. Brown deixou a banda e foi substituído por David Pajo (anteriormente en Slint), que principalmente tocaba o baixo, pero achegou a primeira guitarra á banda, no disco de 1996 Millions Now Living Will Never Die, un cambio tanto en atención como en calidade. O álbum mezclaba moitos xéneros, pero aínda así nunca soa como un pastiche. Millions Now Living Will Never Die apreceu en moitas listas de finais de ano e os 20 minutos de "Djed" foron descritos polo crítico John Bush como proba de que "Tortoise fan desempeñar ó rock experimental unha dobre tarefa: ser música evocativa e bela".
En 1998 editaron TNT, de ton jazzístico. Pajo foi substituído por Jeff Parker, que tiña unha ampla bagaxe de música jazz. No 2001 editouse Standards, onde a banda incorporou máis electrónica e posprodución á súa música. No 2004 publicouse It's All Around You, e no 2006 colaboraron con Bonnie 'Prince' Billy nun álbum de versións titulado The Brave and the Bold e lanzaron A Lazarus Taxon, unha caixa cun dobre CD de sinxelos e remesturas, un terceiro CD cun expandido Rhythms, Resolutions and Clusters (fóra do mercado) e un DVD de vídeos e actuacións en directo.
Influencias
[editar | editar a fonte]O rock case enteiramente instrumental de Tortoise desafía a fácil categorización do son da banda, e o grupo gañou unha significativa atención desde o principio da súa carreira. Os membros teñen raíces na fértil escena musical de Chicago, con aparicións en variadas bandas indies e punks. Tortoise está entre as primeiras bandas norteamericanas en incorporar estilos próximos ó krautrock, o dub, o minimalismo, a electrónica e varios estilos do jazz, máis que a clásica banda standard de rock and roll e punk que dominou a escena durante anos. Tortoise foi citada como unha das principais forzas detrás do desenvolvemento e a crecente popularidade do chamado movemento post-rock. Porén, a súa música tamén foi criticada como mera derivación do rock progresivo, arguíndo que Tortoise foi obxecto dun indesexable hype para explicar que sexa unha banda tan recente con tanto éxito.
Perfís similares
[editar | editar a fonte]Outros grupos relacionados co son de Tortoise son The Sea and Cake, Brokeback, Shrimp Boat, Slint, Isotope 217 ou os Chicago Underground Duo. Os discos de Tortoise son editados no selo Thrill Jockey.
Membros
[editar | editar a fonte]Actuais
[editar | editar a fonte]- John McEntire – batería, percusión
- Doug McCombs – baixo
- John Herndon – batería, teclados, vibráfono
- Dan Bitney – percusión
- Jeff Parker – guitarra
Anteriores
[editar | editar a fonte]Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Tortoise | 1994 | Thrill Jockey |
Millions Now Living Will Never Die | 1996 | Thrill Jockey |
TNT | 1998 | Thrill Jockey |
Standards | 2001 | Thrill Jockey |
It's All Around You | 2004 | Thrill Jockey |
Beacons of Ancestorship | 2009 | Thrill Jockey |
The Catastrophist | 2016 | Thrill Jockey |
Outros álbums
[editar | editar a fonte]- Rhythms, Resolutions, and Clusters - 1995 (álbum de remesturas)
- In the Fishtank 5 - 1999 (EP en colaboración con The Ex)
- The Brave and the Bold - 2006 (álbum de versións en colaboración con Bonnie 'Prince' Billy)
- A Lazarus Taxon - 2005 (compilación de rarezas)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Biografía de Tortoise por Piero Scaruffi (en inglés)