Torre de Friol
Torre de Friol | |
---|---|
Concello | Friol |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 43°01′42″N 7°47′17″O / 43.02833333, -7.78805556 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | románico? (século XII) |
Estilo actual | románico? |
Estado actual | Ameaza de ruína. |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A torre de Friol é unha fortaleza medieval situada no concello de Friol.
Historia
[editar | editar a fonte]Probabelmente foi levantada no século XII, conservando da fábrica orixinal nos seus muros interiores marcas de canteiro semellantes aos das igrexas románicas levantadas nese século.
Pertenceu á casa dos Altamira, e dela fixo morgado o conde Fernando de Freixomil. Tamén pertenceu aos Maldonado e á antiga liñaxe dos Prados (de orixe leonesa), que ten como estandarte o león rampante en sable sobre campo de ouro.
Características
[editar | editar a fonte]A fortificación sufriu importantes modificacións, conservándose os restos máis antigos pegados ao pazo levantado con posterioridade.
A antiga torre da homenaxe é de planta cadrada, medindo máis de dez metros de lado. Na súa fachada norte ábrese á altura do terceiro andar unha pequena xanela de arco monolítico falso. A fachada oeste, que olla para o antigo patio de armas, ábrese, nos dous últimos andares, por medio de dúas pequenas xanelas de feitura similar á anterior. A fachada leste coñécese co nome de Vara Alta e foi obxecto de múltiplas modificacións, conservando na súa parte máis antiga unha porta de arco de medio punto realizado con grandes doelas e xambas de aresta en chafrán.
No lado esquerdo do conxunto consérvase outro corpo da fachada, posibelmente do século XVII, divida en tres andares. Ábrese cunha porta con arco moldurado, e un balcón con balaustrada de ferro, apoiada sobre canzorros de pedra.
Na actualidade a torre da homenaxe presenta unha fenda no alto dun dos seus muros, o que fai que o edificio ameace ruína.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BOGA MOSCOSO, R.: Guía dos castelos medievais de Galicia. Ed. Xerais, 2003, pax. 97-98. ISBN 84-9782-035-5