Torre Montparnasse
Torre Montparnasse | |
---|---|
Edificio | |
Enderezo | Avenida de Maine Nº 33 |
Localización | París, Francia |
Coordenadas | 48°50′32″N 2°19′19″L / 48.84211, 2.32198 |
Uso(s) | Oficinas |
Construción | |
Inicio | 1969 |
Construción | 1972 |
Dimensións | |
Altura da última planta | 210 m |
Plantas | 59 |
Superficie por planta | 90 000 m² |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Saubot, Beaudouin, Cassan e de Marien |
[ editar datos en Wikidata ] |
A torre Montparnasse, tamén coñecida coma torre Maine-Montparnasse é un rañaceos parisién, situado na Avenida de Maine Nº 33 e construído polo arquitecto Roger Saubot. É o segundo rañaceos máis alto de Francia con 210 metros de altura.
A renovación da torre AXA en La Défense quitoulle o primeiro posto, ao culminaren os traballos de comezos de 2011, cunha altura de 220 metros.[1]
Historia e descrición
[editar | editar a fonte]Construíuse entre 1969 e 1972, sobre a localización da antiga estación Montparnasse e foi inaugurada en 1973; a estación Montparnasse actual atópase fronte a torre, un pouco máis ao sur. A tour Montparnasse mide 210 metros de altura e conta con 59 andares (incluída a terraza). Un restaurante ocupa o andar 56º. As varandas da terraza pódense desmontar en 120 segundos para transformala nunha plataforma de aterraxe de helicópteros. As oficinas ocupan 52 andares e unha superficie total de 90.000 m2. 5.000 persoas traballan alí por termo medio.
O panorama que se pode ollar dende o andar 56º e dende a terraza (ambos os dous abertos ao público) fan dela unha atracción turística que recibe aproximadamente a 600.000 visitantes ao ano.
A torre Montparnasse atópase no seo dun conxunto inmobiliario que comprende un centro comercial, unha tenda das Galerías Lafayette, así coma outras torres máis pequenas.
A presenza de amianto nalgúns lugares da torre, especialmente nos andares 15, 42, 57 e 58, foi revelada en marzo de 2005. Esta polución cómpre dunha limpeza coidadosa, por mor do grave risco para a saúde dos seus ocupantes.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Terraza e heliporto.
-
Restaurante gastronómico panorámico Le ciel de Paris no andar 56º.
-
Puntos máis altos de París.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.ladefense.fr/projets_projets.php Arquivado 14 de novembro de 2008 en Wayback Machine. EPAD La Défense (en francés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Torre Montparnasse |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial da Torre Montparnasse Arquivado 18 de xuño de 2021 en Wayback Machine. (en francés)
- Tour Montparnasse 56 (en francés)
- Structurae: Detalles técnicos e fotos (en francés)