Saltar ao contido

Tipografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caracteres tipográficos metálicos

A tipografía (do grego τύπος, typos, golpe ou pegada, e γράφω graphο, escribir) é a arte e técnica do manexo e selección de tipos, orixinalmente de chumbo, para crear traballos de impresión. O tipógrafo Stanley Morrison definiuna como:

Arte de dispoñer correctamente o material de imprimir, de acordo cun propósito específico: o de colocar as letras, repartir o espazo e organizar os tipos de cara a prestar ao lector a máxima axuda para a comprensión do texto. Stanley Morison, Principios fundamentais da tipografía (1929)

É unha ferramenta de comunicación e de transmisión de ideas presente en campos nos que especialmente os elementos visuais teñen importancia, como por exemplo a publicidade, a arte, o márketing, o deseño... Comprende a realización de calquera produto (xa sexa impreso ou non) que se comunica cos demais mediante palabras. A pesar de non comunicar a través de imaxes, xa que é un campo distinto, nalgunhas ocasións trabállase con elas. Unha imaxe comunica moita máis información e de maneira máis rápida, eficaz e sinxela ca unha palabra. Cabe mencionar a diferenza entre tipografía e caligrafía pois, mentres a primeira caracterízase polo emprego de máquinas para poder creala, a segunda tende a crearse a man.

Esta técnica ten a súa orixe coa creación do papel, así mesmo. Coas primeiras impresións (antigos bloques de madeira talada) foi posible producir textos. Uns anos máis tarde, sobre o século XV, Johannes Gutenberg creou en Alemaña unha forma de creación de moldes usados para elaborar letras e así poder imprimilas no papel creando textos. O primeiro libro impreso foi a Biblia con 42 liñas por páxina.[1] O éxito desta técnica fomentou a súa propagación por toda Europa e o seu perfeccionamento. Un dos lugares nos que destacou a innovación na imprenta foi Italia, onde conseguiron plasmar a caligrafía humanista e carolinxia, marcando un punto de partida para as tipografías que temos hoxe en día.

A tipografía encárgase da materialización visual da escritura, non só hai que xogar artisticamente cos elementos gráficos, senón que se debe gardar a lexibilidade, a harmonía e a coherencia creando á súa vez un produto visualmente agradable en canto á cor, os espazos...A seleción dunha fonte determinada achega certo valor de credibilidade ao texto, como ocorre por exemplo cos periódicos. Algúns exemplos son Franklin, Gothic, Futura, Helvética, Century... O emprego axeitado da tipografía pode marcar a diferenza entre chamar ou afastar os lectores e futuros compradores.

Elementos tipográficos

[editar | editar a fonte]

Velaquí a táboa fundamental de elementos tipográficos:

  • Á á É é Í í Ó ó Ú ú Ü ü Ñ ñ · ¡ ¿ «» - † º ª ·  Šâ Ĉ ĉ Ê ê Ŝ ŝ · Č č Ć ć Đ đ Š š Ž ž · Ä ä Ë ë Ö ö Ü ü · Ç ç · Ā ā å Ē ē Ī ī Ō ō Ū ū · ß · Ð ð Þ þ · Æ æ Œ œ · – — · ~ | ° § → · ≈ ± − × ¹ ² ³ · ‘ “ ’ ” · £ € · Α α Β β Γ γ Δ δ · Ε ε Ζ ζ Η η Θ θ · Ι ι Κ κ Λ λ Μ μ · Ν ν Ξ ξ Ο ο Π π · Ρ ρ Σ σ ς Τ τ Υ υ · Φ φ Χ χ Ψ ψ Ω ω ø Ø

A primeira tipografía foi a romana estabelecida na cidade de Venecia, modelada por Claude Bandemaur, escritor e biólogo.

Elementos Tipográficos Romana/Francesa:

  • Á á É é Í í Ó ó Ú ú Ü ü Ñ ñ · ¡ ¿ «» - † º ª ·  Šâ Ĉ ĉ Ê ê Ŝ ŝ · Č č Ć ć Đ đ Š š Ž ž · Ä ä Ë ë Ö ö Ü ü · Ç ç · Ā ā å Ē ē Ī ī Ō ō Ū ū · ß · Ð ð Þ þ · Æ æ Œ œ · – — · ~ | ° § → · ≈ ± − × ¹ ² ³ · ‘ “ ’ ” · £ € · Α α Β β Γ γ Δ δ · Ε ε Ζ ζ Η η Θ θ · Ι ι Κ κ Λ λ Μ μ · Ν ν Ξ ξ Ο ο Π π · Ρ ρ Σ σ ς Τ τ Υ υ · Φ φ Χ χ Ψ ψ Ω ω ø Ø (similares aos elementos da tipografía exipcia)

Tipógrafos

[editar | editar a fonte]
  1. "¿Cuál fue el primer libro impreso del mundo?". Julián Marquina. Consultado o 23/01/2022.