Timbuktu (filme de 2014)
Timbuktu | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Timbuktu |
Director | Abderrahmane Sissako |
Produtor | Sylvie Pialat Étienne Comar |
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Amine Bouhafa |
Fotografía | Sofian El Fani |
Montaxe | Nadia Ben Rachid |
Estudio | |
Distribuidora | Cohen Media Group |
Estrea | Festival de Cannes: 15 de maio de 2014 10 de decembro de 2014 |
Duración | 96 minutos[1] |
Orixe | Francia Mauritania |
Xénero | Drama |
Recadación | 7,2 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Timbuktu é un filme francés-mauritano de 2014 dirixido por Abderrahmane Sissako. Foi escollido para competir pola Palma de Ouro na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014.[3][4][5] En Cannes, gañou o Premio do Xurado Ecuménico e o Premio François Chalais.[6][7] Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios,[8][9] e foi nomeado ó BAFTA ó mellor filme en lingua non inglesa na 69ª dos premios. Gañou o premio de mellor filme nos Africa Movie Academy Awards.[10] O filme foi considerado o décimo segundo "mellor filme do século XXI" en 2017 por The New York Times.[11]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A película explora a poboación da cidade de Tombuctú, no centro de Malí, trala ocupación da cidade por islamistas extremistas que levaban unha bandeira negra xihadista. Os xihadistas aplican unha estrita interpretación da xaria, incluíndo a sentenza de lategazos por xogar ao fútbol, cantar e estar con persoas non familiares doutro sexo, e a lapidación por adulterio. O islam dos xihadistas contrasta co islam predicado polo imam local.
Kidane, un gandeiro tuareg, vive fóra da cidade coa súa muller Satima e a súa filla Toya. Unha das súas vacas dana accidentalmente a rede de Amadou, un pescador, que posteriormente a mata. Kidane, armado cunha pistola, enfróntase a Amadou e dispáralle accidentalmente. Os xihadistas arrestan a Kidane mais ofrécenlle perdoar a vida se a familia de Amadou o perdoa e el paga diya por corenta reses. Toya e o seu amigo Issan poden reunir o suficiente gando, mais a familia de Amadou non quere perdoar a Kidane.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ibrahim Ahmed dit Pino como Kidane
- Toulou Kiki como Satima
- Layla Walet Mohamed como Toya
- Mehdi Ag Mohamed como Issan
- Kettly Noel como Zabou
- Abel Jafri como Abdelkerim
- Hichem Yacoubi
- Fatoumata Diawara como La Chanteuse
- Omar Haidara como Amadou
- Damien Ndjie como Abu Jaafar
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Timbuktu (12A)". British Board of Film Classification. Consultado o 13 de marzo de 2015.
- ↑ JP's Box-Office (ed.). "Timbuktu (2015)". Consultado o 22 de abril de 2015.
- ↑ "2014 Official Selection". Festival Internacional de Cinema de Cannes. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 18 de abril de 2014.
- ↑ Obenson, Tambay A. (17 de abril de 2014). IndieWire, ed. "Films By Abderrahmane Sissako & Philippe Lacôte Are Cannes 2014 Official Selections". Penske Business Media. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 18 de abril de 2014.
- ↑ Dowd, Vincent (20 de maio de 2014). BBC News, ed. "Timbuktu film at Cannes mixes tragedy, charm and humour". BBC. Consultado o 20 de maio de 2014.
- ↑ Barraclough, Leo (23 de maio de 2014). Variety, ed. "'Winter Sleep', 'Jauja', 'Love at First Fight' Take Cannes Fipresci Prizes". Penske Business Media. Consultado o 23 de maio de 2014.
- ↑ Le Parisien, ed. (23 de maio de 2014). ""Timbuktu", prix du Jury oecuménique et prix François-Chalais". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014.
- ↑ Obenson, Tambay A. (8 de setembro de 2014). IndieWire, ed. "Abderrahmane Sissako's 'Timbuktu' Is Mauritania's Best Foreign Language 2015 Oscar Competition Entry". Penske Business Media. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2014. Consultado o 8 de setembro de 2014.
- ↑ Jacobs, Matthew (15 de xaneiro de 2015). The Huffington Post, ed. "Oscar Nominations 2015: See The Full List". Oath. Consultado o 15 de xaneiro de 2015.
- ↑ Sanusi, Hassan. Nigerian Entertainment Today, ed. "AMAA 2015: Full list of WINNERS". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 28 de abril de 2016.
- ↑ Dargis, Manohla; Scott, A.O. (9 de xuño de 2017). "The 25 Best Films of the 21st Century...So Far". The New York Times. Consultado o 8 de xullo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Mauritania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Timbuktu na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Filmes de 2014
- Filmes en lingua francesa
- Filmes en lingua árabe
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua bambara
- Filmes en lingua tamasheq
- Filmes de Francia
- Filmes de Mauritania
- Filmes dirixidos por Abderrahmane Sissako
- Filmes rodados en Mauritania
- Filmes ambientados en Malí
- Filmes ambientados en 2012
- Filmes sobre relixión
- Pena de morte