Tignes
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | ||||
Departamento | Savoia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.005 (2021) (24,56 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 81,63 km² | ||||
Bañado por | Río Isère | ||||
Altitude | 2.100 m-1.440 m-3.747 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 73320 | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | mairie-tignes.fr | ||||
Tignes (en francoprovenzal tamén Tignes) é unha pequena vila e estación de montaña no departamento de Savoia, na rexión de Ródano-Alpes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Tignes é un dos máis elevados de Europa, cunha altitude que chega aos 2.127 m. Tiña 2.220 habitantes residentes en 1999, sobre unha extensión de 81,63 km², pero unha poboación aboiante moito maior atraída polo turismo de montaña tanto en inverno como en verán. A estación de esquí está aberta todo o ano.
Tignes atópase no alto do val da Tarentaise e forma parte do macizo de Iseran, nacemento do río Isère que é un dos máis importantes afluentes do Ródano. En realidade o concello fórmano sete lugares distintos, dos cales un, o orixinario, foi asolagado polas augas do encoro. Ademais do Vello Tignes, os lugares deste concello son Val Claret, Lac, Lavachet, Boisses, Brévières e Reculaz, en altitudes que van dos 2.127 m de Val Claret aos 1.550 de Les Brévières.
Historia
[editar | editar a fonte]Antes da segunda guerra mundial o carácter montañoso de Tignes facíao practicamente descoñecido. As comunicacións eran moi difíciles, e os poucos habitantes vivían en condicións de illamento durante boa parte do ano, apoiados na gandaría de montaña. Dende 1933 a administración francesa cavilaba en facer un encoro no val da Tarantaise, pero os habitantes de Tignes non souberon do proxecto ata 1941, en plena guerra, oito anos máis tarde. A construción comezou da presa comezou en 1946 e a vila foi finalmente asolagada en 1952, logo de que se movese o camposanto, se dinamitasen as últimas casas e as forzas de orde expulsasen os veciños resistentes.
A partir de 1956 comezou a construción da estación de inverno, que se desenvolveu e estendeu continuamente durante a seguinte década. As pistas da estación de esquí acolleron algunhas probas dos Xogos Olímpicos de Albertville, particularmente as de esquí acrobático.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía de Tignes vira na súa práctica totalidade ao redor da estación de inverno. Esta ten 36 remontes, 64 pistas de esquí alpino (150 km) e 4 máis de esquí de fondo (20 km), comprendidas entre os 1.550 m e os 3.456 m que conseguen na súa altitude máxima.