Teodoro I Láscaris
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1174 (Gregoriano) ![]() Constantinopla, Turquía ![]() |
Morte | 1221 (Gregoriano) ![]() İznik, Turquía ![]() |
Emperador bizantino | |
1205 – 1222 ← Constantino Láscaris de Niceia (pt) ![]() ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante ![]() |
Familia | |
Familia | Láscaris o Láskaris ![]() |
Cónxuxe | Ana Angelina Filipa da Arménia María de Courtenay ![]() |
Fillos | Constantin Laskaris ( ![]() Nikolaos Laskaris ( ![]() Irene Lascarina ( ![]() Maria Laskarina ( ![]() Eudócia Lascarina Angelina ( ![]() ![]() |
Pais | Manuel Láscaris ![]() ![]() |
Irmáns | Constantino Láscaris de Niceia Aleixo Láscaris Georg Laskaris Isaac Láscaris Manuel Laskaris ![]() |
Parentes | Aleixo III Anxo, sogro ![]() |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() |

Teodoro I Láscaris , nado c. 1175 e finado en 1222, emperador de Nicea, naceu nunha familia nobre bizantina. Era fillo de Manuel Láscaris e de Xoana Karatzaina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1199 converteuse en xenro do emperador bizantino Aleixo III Anxo e fíxose famoso durante o sitio de Constantinopla polos latinos (1203-1204). Trala caída da cidade, liderou unha banda de fuxitivos de Bitinia e estableceuse na cidade de Nicea.
Eliminado o perigo dunha invasión das forzas latinas, que derrotou en 1204, foi reclamado en Europa para facer fronte a unha invasión búlgara. Empezou a traballar no establecemento dun novo estado bizantino en Asia Menor e, en 1206, tomou o título de emperador.
Os anos seguintes, Teodoro estivo acosado por inimigos que rodeaban o seu estado. Emprendeu continuas campañas contra o emperador latino Henrique de Flandres, derrotou ao seu rival Aleixo I, emperador de Trebisonda e levou a cabo diversos ataques contra Kay Khusrau I, sultán de Rum que instigara a guerra contra Aleixo III.
A vitoria que coroou a Teodoro tivo lugar en 1210, cando nunha batalla preto de Antioquía de Pisidia, capturou a Alexis e tomou a cidade que se atopaba en mans dos turcos.
Aínda que non existen probas das súas calidades como home de estado, a súa coraxe e as súas habilidades militares conseguiron que esta nación bizantina non só sobrevivise senón que conseguise derrotar as invasións latinas.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Coa súa primeira esposa, Ana Anxo, filla do emperador Aleixo III, Teodoro Láscaris tivo dúas fillas: Irene Lascarina (casada con Xoán III duque de Vatatzés) e María Lascarina (casada co rei Bela IV de Hungría)
Trala morte de Ana en 1212, Teodoro casou con Filipa de Armenia, filla do rei Rubén III de Armenia. O matrimonio anulouse ao ano seguinte por motivos relixiosos e o fillo do matrimonio, Constantino, quedou desherdado.
Teodoro Láscaris casou por terceira vez en 1219 con María de Courtenay, filla de Pedro de Courtenay e Iolanda de Hainaut pero non tivo fillos.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Aleixo V Ducas |
Teodoro I Láscaris | Precede a: Xoán III Ducas Vatatzés |
Dinastía Láscaris |