Saltar ao contido

Telefe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


A Televisión Federal, máis coñecida como Telefe (pronunciado Telefé), é unha canle de televisión arxentina que ofrece programación en castelán. Tamén é unha empresa que explota a licenza LS 84 TV Canal 11 da Televisión arxentina, que transmite desde a cidade de Buenos Aires. O Canal 11 foi fundado o 19 de decembro de 1957. A empresa é do Grupo Telefónica de España desde o ano 2000. Anteriormente era da empresa Televisión Federal S.A. que se fixo cargo do canal desde o 22 de decembro de 1989 chamándose Telefe, acrónimo da empresa.

Difusión

[editar | editar a fonte]

Telefe transmite os seus programas en oito estacións no territorio arxentino: Canle 8 en Córdoba, Canle 13 en Santa Fe, Canle 5 en Rosario, Canle 11 en Salta, Canle 8 en Tucumán, Canle 7 en Neuquén, Canle 8 en Mar del Plata e Canle 9 en Bahía Blanca.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]